Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en funcionamento unha actividade hípica para persoas con carencias sensoriais


# Luns, 13/06/2011
As sesións de equinoterapia, nas que participan catro asociacións, darán comezo este xoves día 16 de xuño

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, sensible ante as dificultades que presentan as persoas coas súas capacidades mermadas, pon en funcionamento, de xeito experimental, unha iniciativa destinada a afondar na búsqueda de solucións positivas, aplicable aos colectivos que traballan no campo da discapacidade.

Así, realizaranse varias sesións, de dúas horas de duración, nas que as asociacións poderán facer uso destas técnicas terapéuticas. Levaranse a cabo os xoves de 18.00 a 20.00 horas no Club hípico Equs A Vila Rubiás.

O primeiro grupo será a Asociación Down Lugo, composto por nove participantes, e que terá a súa sesión este xoves, día 16 de xuño. O segundo grupo será a Asociación Adace, con cinco participantes, e a súa xornada de actividade será o xoves día 23 de xuño. Un tercer grupo, composto por seis participantes da Asociación Raiolas, e sete da Asociación Alume, participarán na sesión de equinoterapia o xoves día 30 de xuño.

Que é a equinoterapia?

A equinoterapia son técnicas de relaxación entre o cabalo e o usuario axeitadas para fomentar o benestar xeral. Os beneficios demostrados son: axudar a superar os medos, favorecer a autoestima e o control emocional, fortalecer a musculación e mellorar o equilibrio, traballando a área lúdico-social. Por iso, para nenos o para persoas en idade adulta, con problemas físicos, neurolóxicos ou psicolóxicos, a equinoterapia mellora a súa resposta. A psicoloxía adaptada á equinoterapia converteuse nunha actividade terapéutica cada vez máis valorada.

A súa práctica faise normalmente de forma individualizada. As sesións van dirixidas especialmente ás necesidades reais destas persoas. Enfocadas as súas afinidades e aficións coas que ocupan o seu tempo libre, quérese conseguir a través da terapia, uns resultados positivos, tendo sempre en conta si a persoa está no ámbito laboral ou no escolar.

Tipos de Equinoterapia

Hipoterapia

Destinada a usuarios con discapacidades físicas. Busca mellorar a área motriz e funcional, sen esquecer os outros aspectos.
Persoas destinatarias: dano cerebral adquirido; traumatismo craneo-encefálico; hemiplexia; parálisis cerebral; ataxias, distrofia muscular, esclerosis múltiple, politraumatismos, retraso psicomotor; lesións medulares; hipotonía.

Equitación Terapéutica

Destinado a usuarios con problemáticas de comportamento, retraso do desenvolvemento do lenguaxe, debilidade no tono muscular, retraso no aprendizaxe escolar. Mellora da estimulación neuromuscular e psicolóxico.
Persoas destinatarias: inadaptación social; sociopatías; adiccións; depresións; ansiedade; estres.

Equinoterapia social

Destinado a usuarios con problemáticas sociais, emocionais e persoais.
Persoas destinatarias: síndrome de down; autismo; hiperactividade; discapacidade intelectual; dificultades de aprendizaxe; trastorno por déficit de atención; trastorno xeralizado do desenvolvemento, síndrome de x fráxil, síndrome de Klinefelter cromosoma 47 XXY, síndrome de Klinefelter; XXXY grave retraso, microcefalia lixero dismorfismo; xxxxy: retraso mental, hipotonía, simular o síndrome de down; síndrome de rett.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova