Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello programa novas actividades de ocio e lecer para o verán


# Martes, 14/06/2011
A través do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias organízanse dezaoito novas alternativas de ocio para os meses de xullo e agosto

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Casa da Música continuará aberta de luns a sábado con diversas actividades

As Aulas Abertas e Ociotecas continúan coa súa actividade e amplían horarios

Máis información e reservas a través do teléfono do Concello 010

O Concello de Lugo, a través das Concellerías de Benestar Social e Igualdade, Xuventude e Servizos Xerais, que dirixe a terceira tenente de Alcalde, Carmen Basadre, organiza unha serie de actividades de ocio e lecer para os meses de verán dirixidos aos mais novos así como as familias e rapaces e rapazas a partir de 12 anos.

Dende Servizos Sociais, explicou Basadre, vanse seguir mantendo as Ociotecas, dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos e que permanecerán abertas pola mañá e pola tarde en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas. O prezo é dun euro para media xornada e dous euros para a xornada completa. Tamén manterase o programa Aprende Xogando así como as Aulas Abertas, que se manterán en todos os centros, o de Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, A Milagrosa, Sagrado Corazón e Uxío Novoneyra. A programación dos centros, que será de mañá agás no centro de A Milagrosa, que tamén será de tarde, será quincenal e dirixida a nenos e nenas de catro a dez anos. A cuota será dun euro, agás si se acude durante toda a xornada A Milagrosa, que será de dous euros. Haberá un total de 20 prazas por grupo e quenda.

En Fingoi tamén haberá actividades complementarias ás Aulas Abertas na axencia de lectura como un concurso de contos baseado na figura de “Fingolín”, un persoaxe-mascota elixido hai dous veráns polos rapaces e rapazas que participaron na axencia de lectura. Tamén haberá un obradoiro de marcapáxinas, un taller de informática durante o mes de xullo para nenos e nenas de 9 a 14 anos, así como actividades para adultos como bioximnasia, informática e tear de alto lizo. Como en anos anteriores, tamén haberá taichi ao aire libre no Parque de Frigsa (xullo e agosto os luns e mércores de 20.00 a 21.00 horas), no Parque do Sagrado Corazón (xullo e agosto todos os martes de 20.00 a 21.00 horas), Praza do Ferrol (no mes de agosto os martes e xoves de 10.00 a 11.00 horas) e en Augas Férreas (martes e xoves de xullo de 10.00 a 13.00 horas).

Segundo destacou a Concelleira, tamén nas Casas das Linguas haberá unha programación especial para os meses de verán; serán unhas xornadas de portas abertas para que os nenos e as nenas, sobretodo fillos e fillas de asistentes ás actividades do centro poidan acompañar aos seus pais e nais, e disfrutar de diversas actividades. Durante os meses de xullo e agosto cambia o horario das Casas das Linguas, que pasa a ser de 10.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Tamén dende Servizos Sociais ofértase, como xa é habitual, as excursións de verán, que este ano serán dende o Centro de Fingoi, Sagrado Corazón, Uxío Novoneyra, A Milagrosa, Lamas de Prado e María Balteira.

A Casa da Música seguirá a ofrecer durante os meses de verán o seu espazo, será de luns a sábado, de 17.00 a 22.00 horas, e onde se poderá xogas coas consolas, a xogos de enxeño, plataformas de baile, billar, campionato de ping-pong, ...

Dende o Telecentro do Castiñeiro prográmase unha serie de cursos orientados ás persoas usuarias con coñecementos básicos para utilizar un ordenador, así como crear habilidades na navegación por Internet e a comunicación mediante o correo electrónico. Os cursos serán:

- Iniciación ao mundo da Informática I, de dous meses de duración. Desenvólvese os martes e xoves de 10.30 a 11.30 horas e de 19.00 a 20.00 horas.
- Iniciación ao mundo da Informática II, de dous meses de duración. Desenvólvese os luns, mércores e venres de 10.30 a 11.30 horas e de 19.00 a 20.00 horas.
- Navegación por Internet e uso dos buscadores, dun mes de duración. Desenvólvese os luns, mércores e venres de 11.30 a 12.30 horas e de 17.00 a 18.00 horas.
- Xestión do e-mail, dun mes de duración. Desenvólvese os martes e xoves de 11.30 a 12.30 horas e de 17.00 a 18.00 horas.
- Uso das redes sociais, dun mes de duración. Desenvolverase os martes e xoves de 18.00 a 19.00 horas.
- Elaboración de presentacións, dun mes de duración. Desenvólvese os luns, mércores e venres de 18.00 a 19.00 horas.
- Avanzado. Un espazo destinado para aclaracións e dúbidas dun mes de duración que se desenvolverá de luns a venres de 12.30 a 13.30 horas.

As inscricións deberán realizarse entre os días 15 e 30 do mes anterior á data de inicio do curso. Información e inscrición a través do teléfono do Concello 010.

Dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, ofértase unha programación dirixida a rapaces e rapazas de doce anos en adiante. Serán un total de dezaoito alternativas de ocio e lecer. As actividades son totalmente gratuítas. O equipamento, nas actividades que o requiran, correrá a cargo do alumno/a.

As inscricións poden facerse a partir do vindeiro luns, día 20 de xuño, e ata o mércores 29 de xuño a través do teléfono do Concello 010. Quedarán admitidos/as por estrico orden de inscrición ata cubrir prazas.

Baile en Lamas de Prado
DURACIÓN: Xullo e Setembro
DIAS: Martes e Xoves
HORAS: de 19.15 a 20.45 horas
LUGAR: Centro Social Díaz Castro
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PRAZAS: 25

Curso sobre Nutrición
DURACIÓN: Do 4 de xullo ao 25 de agosto
DIAS: De luns a xoves
HORAS: de 10.00 a 11.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira
DESTINATARIOS: De 14 anos en adiante
PRAZAS: 15

Curso de Deseño Gráfico e Webs
DURACIÓN: Do 4 de xullo ao 10 de agosto
DIAS: Luns, mércores e venres
HORAS: de 16.00 a 18.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira
DESTINATARIOS: De 14 anos en adiante
PRAZAS: 15

Bailes do mundo
DURACIÓN: do 5 de xullo ao 11 de agosto
DIAS: Martes e xoves
HORAS: de 19.30 a 21.30 horas
LUGAR: C.C María Balteira
DESTINATARIOS: De 14 anos en adiante
PRAZAS: 20

Curso: Linguaxe Administrativo
DURACIÓN: Do 1 de xullo ao 12 de agosto
DIAS: Luns, mércores e venres
HORAS: de 11.00 a 13.00 horas
LUGAR: C.C. María Balteira
DESTINATARIOS: De 16 anos en adiante
PRAZAS: 15

Curso de Intervención con xóvenes: alcohol e tabaco
DURACIÓN: Do 1 ao 14 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PRAZAS: 15

Curso: Dinámicas de grupos
DURACIÓN: Do 15 ao 29 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso de Intervención con xóvenes: cannabis
DURACIÓN: Do 1 ao 12 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso: Intervención no ámbito escolar e familiar
DURACIÓN: Do 16 ao 29 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 14.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso: Mediación Intercultural
DURACIÓN: Do 16 ao 29 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 18.30 a 21.30 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 18 anos en adiante
PLAZAS: 15

Globoflexia e Papiroflexia
DURACIÓN: Do 1 ao 14 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 13.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 15

Goma eva e Fieltro
DURACIÓN: Do 15 ao 29 de xullo
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 13.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 15

Maxia
DURACIÓN: Do 1 al 12 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 13.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 15

Pintura e deseño de camisetas
DURACIÓN: Do 16 ao 29 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 11.00 a 13.00 horas
LUGAR: C.C. Maruja Mallo
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 15

Patinaxe (Xulio)
DURACIÓN: Do 5 ao 27 de xullo
DIAS: Martes e mércores
HORAS: de 19.00 a 21.30 horas
LUGAR: CC. María Balteira (lugar de partida)
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 20

Patinaxe (Agosto)
DURACIÓN: Do 2 ao 31 de agosto
DIAS: martes e mércores
HORAS: de 19.30 a 21.30 horas
LUGAR: CC. María Balteira (lugar de partida)
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 20

Curso de Iniciación o alemán (mañás)
DURACIÓN: Do 4 de xullo ao 30 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 09.30 a 13.30 horas
LUGAR: C.C. María Balteira
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 15

Curso de Iniciación o alemán (tardes)
DURACIÓN: Do 4 de xullo ao 30 de agosto
DIAS: De luns a venres
HORAS: de 16.30 a 20.30 horas
LUGAR: C.C. María Balteira
DESTINATARIOS: De 12 anos en adiante
PLAZAS: 15


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova