Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A circulación de animais durante o Arde Lucus deberá ter autorización da Policía Local


# Xoves, 16/06/2011
O Alcalde ditou un Bando sobre circulación e hixiene dos animais que participen nas festas que recrean a vida nunha cidade roman

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, vén de ditar un Bando que establece as condicións para a circulación e hixiene dos animais que participarán nas festas do Arde Lucus.

O Bando lembra que os días 17,18 e 19 de xuño terán lugar na cidade as festas que recrean a vida dunha cidade romana e, por este motivo, haberá moitas actividades nas que se utilizarán animais no entorno urbán polo que lembra a lexislación vixente, tanto de índole nacional como local, que regula a circulación de animais e tamén as obrigas relacionadas coa hixiene na nosa cidade.

Logo de recordar a normativa recollida no Regulamento Xeneral de Circulación e na Ordenanza Municipal de Protección Ambiental do Concello de Lugo, o Bando prohibe a circulación pola cidade de todo tipo de animais de tiro, carga ou montura, así coma cabezas de gando, agás aqueles que conten coa preceptiva autorización do Servizo de Policía Local, na que se expresarán o itinerario a seguir e as condicións nas que se realizará dito tránsito.

Tamén se prohibe deixar animais sen custodia en calquera clase de vía ou nas súas inmediacións.

Por último, o Bando establece que os propietarios ou responsables dos animais recollerán a deposición de excrementos que puidesen realizar estes en espazos ou vías públicos.

Arde Lucus

Pode consultar o horario e a localización de todos os eventos e actividades descargando o programa completo en PDF (archivo PDF 2.9 MB).

www.ardelucus.com

Arde Lucus nas redes sociais:

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo
Twitter: http://twitter.com/ardelucus
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova