Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Durante as festas do Arde Lucus haberá catro zonas de aparcamento disuasorio comunicadas con transporte público co centro


# Venres, 17/06/2011


Imaxe Asociada

O Concello de Lugo establece catro zonas que funcionarán como aparcamentos disuasorios durante as festas do Arde Lucus.

Estas zonas de aparcamento están comunicadas co centro da cidade con transporte urbano.

As zonas de aparcamento estarán situadas no Centro Comercial das Termas (avenida da Infanta Elena), Rúa Madanela e Campos Novos, aparcamento superior do estadio Anxo Carro e aparcamento exterior do Centro Comercial Carrefour, este último habilitarase só o domingo.

As liñas de transporte urbano que estarán operativas o venres pola tarde e o sábado pola mañá son as seguintes:

-CC As Termas liña 9 e 9A.
-Rúa Madanela e Campos Novos liñas 1, 1A, 3A, 7 e 10.
-Aparcamento superior do estadio Anxo Carro liña 6

O sábado pola tarde e domingo durante todo o día:

-CC As Termas, liñas 8E e 9E (só o sábado pola tarde)
-Rúa Madanela e Campos Novos: liña 3AE
-Aparcamento superior do estadio Anxo Carro: liña 6E
-Aparcamento exterior CC Carrefour: liña 6E (só o domingo)

Os horarios e percorridos detallados das liñas de transporte urbano pódense consultar a través da web municipal www.lugo.es.

Web autobuses: www.lugo.es/ws/transportes

Arde Lucus

Pode consultar o horario e a localización de todos os eventos e actividades descargando o programa completo en PDF (archivo PDF 2.9 MB).

www.ardelucus.com

Arde Lucus nas redes sociais:

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo
Twitter: http://twitter.com/ardelucus
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova