Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a FGT impulsan o tenis na cidade con cursos de iniciación para os meses de xullo e agosto


# Mércores, 22/06/2011


O Concello de Lugo, a través da Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, xunto coa Federación Galega de Tenis, poñen a andar os primeiros cursos de iniciación de tenis dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. Desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto nas instalacións da Frigsa. Serán dous días de clase á semana durante unha hora en quendas de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.

As actividades serán impartidas e coordinadas por monitores titulados. A FGT e o Concello serán os encargados de poñer a disposición dos alumnos todo o material deportivo necesario para o desenvolvemento das clases.

O obxectivo da FGT é tratar de consolidar escolas en cada un dos municipios de Galicia e que estas sirvan non só para a promoción do tenis, senón tamén para a realización de campamentos deportivos, circuítos de mini-tenis e circuítos comarcais.

A boa sintonía da Federación co Concello de Lugo e a calidade das instalacións da Frigsa fixeron que este fose o municipio escollido para pór en práctica esta experiencia. O feito de tratarse dun complexo deportivo que dispón de pistas cubertas posibilita que nun futuro se poda proxectar unha escola moi semellante á que existe hoxe en Samil, Vigo, un centro con máis de cincocentos alumnos e que realiza todo tipo de programas arredor do tenis.

Conseguir a consolidación deste proxecto deportivo convertería ó Concello de Lugo no municipio de referencia do tenis da provincia e do que se verían beneficiados outros concellos próximos.

As inscricións para os cursos poden tramitarse na Concellería de Deportes, situada na Piscina Municipal de Frigsa. O custe é de 10 euros para menores de 10 anos e de 15 euros para os nenos e nenas de entre 10 e 14 anos. Co pagamento da inscrición xa se tramita a licencia federativa do alumno/a.

Máis información no teléfono: 982.297.423




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova