Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un día antes de que remate o prazo de solicitude, o Concello leva autorizadas 317 fogueiras de San Xoán


# Mércores, 22/06/2011
Os servizos municipais da Área de Protección da Comunidade e a Cruz Vermella colaborarán para a seguridade da Noite de San Xoán

O Alcalde ditou un bando que establece as normas ás que deben axustarse as fogueiras de Lume Novo e Protección civil aconsella que non superen os 3,5 metros de altura

O Concello levaba autorizadas 317 fogueiras de San Xoán a última hora desta mañá. O prazo de solicitude remata mañá ás 13.00 horas.

Os servizos municipais da Área de Protección da Comunidade teñen previsto reforzar as súas dotacións por mor da celebración da noite de San Xoán. O parque de Bombeiros, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e a Policía Local estarán especialmente atentos a calquera eventualidade que puidera derivarse das numerosas fogueiras previstas e, nas que haxa maior afluencia de público, estes servizos contarán co reforzo dunha ambulancia da Cruz Vermella de Lugo.

O Concello lémbralle á cidadanía a necesidade de adoptar unha serie de medidas para previr accidentes e para axilizar a actuación dos Bombeiros no caso de que se producira algunha emerxencia.

O Alcalde, José López Orozco, ditou un bando que establece as normas ás que teñen que axustarse as fogueiras de Lume Novo, nas que, ademais da obriga de solicitar permiso, figura a prohibición de queimar rodas ou plásticos e materiais contaminantes ou tóxicos e tamén prohibe facer fogueiras en lugares próximos a inmobles, liñas eléctricas ou zonas verdes.

Ademais, o servizo de Protección Civil fai outra serie de recomendacións: a pila de materiais ós que se lles prenda lume non deberá rebasar os 3,50 metros de altura nin estar situada a menos de 50 metros de calquera vivenda. Tampouco debe situarse a menos de 20 metros de tendidos eléctricos, alumeado, mobiliario urbano, colectores de lixo, instalacións de telefonía ou vehículos e a distancia mínima entre fogueiras debe ser de 100 metros. As fogueiras non poden ubicarse na vía pública nin nas súas proximidades para evitar problemas de visibilidade que lles podería causar o fume ós condutores. Tampouco se deben empregar materiais inflamables nin explosivos, como botes de spray, ou elementos de composición plástica que poidan desprender gases nocivos.

Tamén se recomenda dispor dunha mangueira con presión e lonxitude suficiente e, por último, Protección Civil lembra que ante calquera emerxencia se pode chamar ó teléfono 112 identificando exactamente a situación da fogueira.


Solicitude e bando Lume Novo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova