Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Carballeira de Nadela acolle este domingo a VII Feira de San Pedro


# Xoves, 23/06/2011
Na Feira poderán atoparse produtos ecolóxicos, tradicionais e artesanais

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo habilita un servizo gratuíto de buses que funcionará dende as 09.00 ata as 15.00 horas dende a Avda. Ramón Ferreiro

A Concelleira de Servizos Xerais, Carmen Basadre, e os vocais José Antonio García, Manuel Quiroga e Antonio Abelardo, da Asociación Carballeira de Nadela, presentaron esta mañá a VII edición da Feira de San Pedro de produtos ecolóxicos, tradicionais e artesanais.

A Feira de San Pedro terá lugar o vindeiro domingo, día 26 de xuño, na Carballeira de Nadela, no municipio de Lugo. O sábado, día 25 de xuño, a partir das 22.00 horas terá lugar unha churrascada popular.

De 09.00 a 11.00 horas dará comezo a asignación de postos e exposición de produtos, así como a entrega dun obsequio a cada un dos expositores presentes na Feira.

Ás 13.00 horas terá lugar a recepción das autoridades no recinto da Feira. Ás 13.15 horas procederase á lectura do pregón, e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú, amenizada pola orquestra Delirio.

A partir das 14.00 horas dará comezo o Xantar Campestre, na que non faltarán, destacaron os membros da Asociación Carballeira, os postos de polbo, churrasco, bacalao, lacón, chourizos...

Ás 17.00 horas dará comezo a sesión de Xogos Populares para nenos e maiores que desexen participar. Ás 22.00 horas, e como punto final a esta xornada, dará comezo a verbena, que estará amenizada pola orquestra Delirio. Durante toda a xornada haberá actuacións musicais de charangas e grupos folclóricos.

O servizo de autobuses gratuíto que habilita o Concello de Lugo funcionará dende as 09.00 horas e ata as 15.00 horas dende a Avda. Ramón Ferreiro (diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes) ata o Campo da Feira, en Nadela. Os autobuses realizarán saídas cada media hora.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova