Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon en marcha a tarxeta turística de Lugo a partir do 1 de xullo


# Martes, 28/06/2011
Anunciárono Antón Bao e José Manuel Díaz Grandío nunha rolda de prensa conxunta

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A tarxeta será válida por un, dous ou tres días e poderase adquirir na Oficina Municipal de Turismo e nos hoteis colaboradores

LugoCard servirá para acceder a museos e espectáculos ademais de ofrecer descontos en medio cento de establecementos que se sumaron á tarxeta turística de Lugo

Bao anunciou que o despegue turístico de Lugo é un dos obxectivos do Goberno local neste mandato

Os Concelleiros de Turismo, Antón Bao, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, responsable ata onte desta Concellería, presentaron nunha rolda de prensa conxunta a tarxeta turística de Lugo, LugoCard, que entrará en circulación a partir do 1 de xullo.

O Concello creou esta tarxeta turística, que terá validez por 1, 2 ou 3 días, grazas a unha subvención concedida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Na iniciativa colaboraron a Asociación de Hostalería e Lugocentrum e a ela sumáronse 51 establecemtos, comercios, bares e restaurantes, esteblecementos hoteleiros, guías de turismo profesionais…que ofrecen distintos descontos e ofertas ós turistas que a empreguen.

Tanto o Concelleiro de Turismo como o seu antecesor salientaron que nos últimos catro anos, nas súas anteriores responsabilidades, houbo entre ambos “un traballo intenso e fructífero do que se beneficiou o deporte lucense”.

Na presentación de LugoCard, o Concelleiro de Turismo, Antón Bao, explicou que “o despegue turístico de Lugo é un dos obxectivos” que se recollen no acordo programático para a constitución do Goberno local porque, segundo sinalou, “consideramos o turismo como un elemento importante para o desenvolvemento económico do concello e na creación de emprego”.

Bao sinalou que “Lugo debe ser nos próximos anos un referente do turismo cultural e tamén temos que potenciar o turismo natural”. Nese sentido, sinalou que “Lugo pode conciliar o turismo urban e o rural” aproveitando recursos como o Parque Rosalía de Castro ou o amplio territorio rural de Lugo.

O Concelleiro de Turismo tamén sinalou como obxectivos para este mandato “crear unha onda expansiva para atraer máis visitantes, conseguir turismo de fin de semana con campañas específicas nas comunidades próximas e procurar visitantes tamén do estranxeiro aumentando o tempo de estadía”.

Ademais Bao marcouse o obxectivo de traballar conxuntamente con outras institucións como a Xunta e a Deputación e considerou fundamental que sigan mellorando as comunicacións da cidade para facilitar a chegada de turistas á cidade.

Pola súa parte, Díaz Grandío sinalou que a tarxeta turística ten o obxectivo de “integrar todos os recursos para poñer máis en valor a cidade de Lugo como destino turístico cultural e facilitar un aforro ós turistas que nos visiten”.

A tarxeta

LugoCard consiste nunha tarxeta de pvc de 75 micras. Non leva chip, polo que se trata dunha tarxeta identificativa, persoal e intransferible, que se personaliza ao cubrir con tinta indeleble os datos do titular e a data e a hora da validación. Elaboráronse tres modelos diferentes segundo a duración da súa validez: 1, 2 e 3 días. O deseño das tarxetas aposta por crear un produto sedutor ao mostrar imaxes da cidade que recollen os principais atractivos turísticos de Lugo. Nestes modelos escolléronse imaxes da Muralla, do centro histórico e do río Miño. Trátase de que a propia tarxeta se convirta nun produto promocional e que se acabe convertindo nun recordo da cidade.

O tamaño da tarxeta é estándar e o formato consta dun anverso ocupado íntegramente por unha imaxe fotográfica e o logo de Lugocard. No reverso sitúanse os espazos de identificación do titular, tipo de tarxeta (individual ou familiar) e da data e hora da validación da tarxeta. Tamén figuran os logotipos do Concello de Lugo, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e de Turespaña, xunto a outra fotografía da cidade en tamaño máis pequeno.

Outras cidades españolas que comercializan a tarxeta turística son Xixón, San Sebastián, Segovia, Granada, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Valladolid, Sevilla, Burgos, Salamanca, Valencia, Tarragona ou Alcalá de Henares. Unha das últimas en incorporar este servizo foi Pontevedra. A nivel internacional, os grandes destinos turísticos por excelencia tamén a ofrecen aos seus visitantes: Londres, Praga, Roma, Lisboa, New York, entre outras.

Vantaxes de LugoCard

LugoCard servirá para integrar os servizos turísticos de Lugo e para ofrecer un instrumento cómodo, económico e áxil ao visitante da cidade. Tamén para desenvolver un sistema de fidelización e comercialización de Lugo como produto turístico. Entre as vantaxes que gozará o titular de LugoCard  figuran:

-Entrada con desconto aos Museos Municipais de Lugo.
-Descontos no servizo de audioguías e nos servizos turísticos que desenvolva o Concello de Lugo.
-Descontos e/ou vantaxes en comercios, centros de ocio, hoteis, restaurantes e outros servizos hostaleiros.
-Descontos no campo de golf.
-Descontos en teatros, espectáculos e outras actividades culturais organizadas polo Concello de Lugo.

A venda da tarxeta levarase a cabo na Oficina Municipal de Turismo (CIM) e nos hoteis adheridos ao proxecto. Deste xeito contrólase con eficacia a súa distribución e se lle facilita ao turista a súa adquisición nos puntos clave que van centrar a organización da súa viaxe. Como a tarxeta é identificativa terá que ser personalizada polo persoal autorizado (técnicos do CIM e persoal dos hoteis) que deben escribir, con tinta indeleble, os datos do titular.

Respecto a posibilidade de adquirila pola rede, ofrécese un servizo de reserva online a través da páxina www.lugoturismo.com. Ao formalizar a solicitude xérase un número de localizador que o usuario poderá empregar para beneficiarse dos descontos na reserva dos hoteis. Estes só se farán efectivos ao presentar a tarxeta no momento de rexistrarse no hotel. O solicitante poderá retirar a súa tarxeta tanto no hotel, como na Oficina Municipal de Turismo dando o número de localizador. O establecemento hoteleiro adherido deberá establecer un enlace dende a súa páxina web ao sitio www.lugoturismo.com.

Os obxectivos da creación e posta en marcha do produto turístico LugoCard son:
 
1.    Potenciar a imaxe de destino turístico de calidade de Lugo e incrementar o número de turistas e viaxeiros que visitan á cidade.
2.    Aumentar o tempo de estancia do turista, facendo que pernocte os máximos días posibles.
3.    Ofrecer ao turista un servizo que integre vantaxes económicas, comodidade e información para que goce de todos os atractivos culturais, deportivos, gastronómicos e de ocio, comercio e hostalería, entre outros. Deste xeito, facilítaselle ao visitante unha serie de contidos que xustifican a súa permanencia na cidade. En definitiva, trátase de que coñeza e goce de todo o patrimonio histórico e cultural e de todos os servizos que pode atopar en Lugo.   
4.    Descubrir aos turistas aqueles lugares situados fóra dos circuitos turísticos habituais incorporando zonas novas.
5.    Facilitar aos usuarios un aforro respecto aos prezos habituais e, ademais, que gocen de interesantes descontos e agasallos.
6.    Conseguir fidelizar ao turista e, ao ofrecer un coidado servizo, favorecer unha transmisión da imaxe de Lugo moi positiva  a través do boca-orella.

Pódese afirmar que, en resumo, os obxectivos van dende integrar os recursos xerados pola oferta turística, cultural e de ocio, ata poñer en valor a cidade como destino turístico cultural e facilitar un aforro aos visitantes.

LugoCard comercializarase nun pack composto pola tarxeta identificativa e unha guía informativa en tres idiomas. A guía conterá información de todos os establecementos asociados á tarxeta, cunha breve descrición de cada un deles (dirección, teléfono, horarios, servizos e descontos ofrecidos, ademais de fotografías ilustrativas). Tamén ofrece información xeral de Lugo, dos seus principais atractivos turísticos e as instrucións de uso da tarxeta. Por último, inclúe un detallado plano da cidade, coas localizacións dos establecementos adheridos para a súa fácil ubicación na cidade.

A duración da tarxeta é de 1, 2 ou 3 días e entra en validez dende o momento da súa adquisición. Para o total aproveitamento dos seus servizos, ao cubrir os datos deben cumplimentarse correctamente os espazos de data e hora, pois a validez prolongarase 24, 48 ou 72 horas dende o momento da compra. Asimesmo, a tarxeta pode ser individual ou familiar. Neste último caso, o titular debe ser un dos proxenitores. Para obter os descontos aplicables, o titular debe amosar a tarxeta antes de pagar nos comercios e no momento de pedir a conta nos bares e restaurantes.

Os descontos son aplicables con independencia da forma de pago. Na tempada de rebaixas os comercios non están obrigados a aplicar o desconto engadido.

Prezos

Os prezos propostos para as modalidades da tarxeta LugoCard atendendo aos servizos que ofrece o Concello de Lugo aos seus usuarios son os seguintes:


LUGOCARD…………………………………. MODALIDADE INDIVIDUAL

Duración 1 día

7,00 euros

Duración 2 días

11,00 euros

Duración 3 días

15,00 euros












LUGOCARD…………………………………. MODALIDADE FAMILIAR

2 adultos + 2 niños menores de 16 anos

Duración 1 día

14,00 euros

Duración 2 días

22,00 euros

Duración 3 días

30,00 euros




SERVIZOS DE LUGOCARD

1.- Entrada unificada para os Museos Municipais da Cidade.
Para os usuarios da tarxeta LugoCard establécese o prezo de 4 euros da entrada múltiple reducida e unha tarifa especial para os usuarios da modalidade familiar que inclúe a dous adultos e un máximo de dous nenos menores de 16 anos na que só pagan a entrada os dous adultos e establécese o acceso gratuíto para os menores de 16 anos.

2.- Prezo especial no servizo de audioguía:
Segundo se recolle nas Ordenanzas Fiscais, para o servizo de audioguías fixouse un prezo único establecido en 6 euros. Co fin de ofrecer aos usuarios de LugoCard unha vantaxe especial estableceuse unha tarifa extraordinaria que consiste no desconto especial do 50% no prezo do servizo de audioguías que se fixa en 3 euros para os usuarios da tarxeta LugoCard e que vai incluído no prezo da tarxeta. Ademais, nas tarxetas de 2 e 3 días de duración só se cobra un servizo de audioguía.

3.- Acceso inmediato ao servizo municipal de Rebicíclate. Outro dos servizos especiais que se propón ofrecer LugoCard é o acceso inmediato e gratuíto ao servizo de aluguer de bicicletas Rebicíclate. Os interesados poderán empregar o servizo de de aluguer de bicicletas inmediatamente ao poder retirar a tarxeta de Rebicíclate xa activada ao mesmo tempo que a de LugoCard.

4.- Acceso aos descontos aplicables nas tarifas dos servizos e produtos turísticos postos en marcha pola Concellería de Cultura e Turismo.

5.- Acceso aos descontos aplicables nos prezos das entradas das actividades culturais organizadas polo Concello de Lugo. Para esta aplicación incluirase aos usuarios de LugoCard entre os grupos de desconto que, habitualmente, son estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego.

Actividades culturais de carácter anual

Mostra de Teatro Clásico


Festival de Jazz


Semana Internacional de Cine de Autor


Festival de Música Cidade de Lugo- Semana do Corpus


Mostra de Teatro Galego


Festival de Teatro Universitario


Ciclos de Música Clásica Lugo-Cultural


Festival Internacional de Maxia – LugoMáxico




6.- Os usuarios de LugoCard beneficiaranse dos descontos que ofrecen 51 establecementos da cidade. Adheríronse ao proxecto hoteis, bares e restaurantes, comercios de roupa, calzado e produtos delicatessen, unha perruquería, catro guías oficiais de turismo, unha empresa de aluguer de vehículos e o Clube de golf.

Os establecementos, ademais de aparecer na guía informativa, contan cunha pegatina identificativa que deben ter colocada a vista do público.


ESTABLECEMENTO

OFERTA LUGOCARD

Restaurante Savoy

Desconto do 10% en comidas á carta. Ofertas en comidas concertadas, viños de marca e copas.

Restaurante Tosar

10% de desconto no total da conta de comidas ou CEAS

Hotel Husa Porta de Santiago

Desconto do 10% sobre a tarifa

Café Egomundi

5% de desconto en todas as consumicións

Tienda Columbia

10% de desconto

Peletería Vázquez

5%-10% de desconto en prendas de vestir en pel e prendas a medida ao mesmo prezo ca mostra

Restaurante Verruga

Parking gratuíto e invitación a café e chupito de licor café gratuíto

Código

10% de desconto (non aplicable en periodo de rebaixas)

Balneario e Termas de Lugo

Desconto do 10% na tarifa do circuito termal.

GUÍA DE TURISMO PROFESIONAL

15% de desconto sobre os prezos da Asociación de Guías de Galicia

Servizos de Guías Turísticos

15% de desconto sobre os prezos da Asociación de Guías de Galicia

Club de Golf de Lugo

20% de desconto na tarifa de Green Fee no socio-semana e a oferta especial en cursos de iniciación con alta como aboado

Restaurante Paprica

Invitación por cortesía da casa a unha botella de viño (recomendación da semana) por mesa en xantares e ceas. Non aplicable ao Menú Express.

O Lar do Pobo

Desconto de 1 euro na garrafa de 5 litros de Aceite "La Chinata"

Pulpería-Parrillada O Castelo

Desconto dun 5% na ración de Pulpo á Galega

101 Viños

Desconto do 10% en botellas de viño galego

Restaurante Cafetería O Pazo

Desconto do 5% da ración de pulpo con zamburiñas

Raxería-Pulpería Os Tres Pés

Desconto do 10% na ración de zamburiñas

Restaurante Antas de Ulla

Desconto do 10% na carta para comidas o cenas (no se incluye el menú del día)

PEPA "Arte e deseño"

Desconto do 10% en marcos e molduras, belas artes e manualidades

Apartamentos Ciudad de Lugo

Desconto do 10% na tarifa en aloxamento e almorzó

Guía Turística Especializada en Galicia

Visitas guiadas por Lugo durante as que descobrirá a historia e as tradicións desta cidade bimilenaria. PVP/pax: 8€ - Nenos menores de 12 anos gratis.

Hotel Méndez Núñez

10% desconto en aloxamento e almorzo

Mesón A Rebola

Desconto do 10% en comidas á carta. Non se inclúe o menú do día.

Delicium Tremens

Desconto do 5% en todos os produtos.

Club Clavicémbalo

Desconto do 25% nas entradas aos concertos.

Joyería Martínez

Desconto do 10% en reloxería, xoiería e agasallos.

Taberna de Marcos

Invitación por cortesía da casa a café e licores.

Café Bar Alondra

Invitación por cortesía da casa á degustación de chupito de espirituoso licor de herbas como segunda consumición.

Miguel Sport

Desconto do 10% en artigos de temporada. Non aplicable en rebaixas ou ofertas.

Pizzería Piccolo

Desconto do 10% no prezo das pizzas da carta.

Eduardo Souto

Desconto do 15% no ticket final (non compatible con outras ofertas existentes).

Números Rojos Bar

Desconto do 25% na carta de cervexas internacionais e de importación.

Mesón de Alberto

Desconto do 10% sobre factura. Non aplicable á Menú de Tapería nin a menús concertados.

Hotel Jorge I

Desconto do 20% nas tarifas xerais do hotel (excluídas as ofertas puntuais) e desconto do 10% en resturante (excluído menú do día).

Hotel España

Desconto do 10% nas tarifas de hospedaxe.

Prelo S.L.

Desconto do 10% en todos os produtos excepto consumibles, papel e ofertas.

Hostal Alba

Tarifas especiais para usuarios de LugoCard: -Habitación Individual a 27€ (IVE incluído); -Habitación Doble para Uso Individual a 40€ (IVE incluído); Habitación Doble o de dos camas a 54€ (IVE incluído)

GUÍA DE TURISMO PROFESIONAL

Desconto do 15% nas visitas guiadas.

Hotel Los Olmos

Desconto do 10% nas tarifas de aloxamento. Non acumulable a outras ofertas.

Restaurante Casa María

Desconto do 10% na factura final.

Restaurante Campos

Desconto do 5% en comedor.

Curruncho A Nosa Terra

Café gratuíto en restaurante por cortesía da casa e vale dunha hora no parking público Ánxel Fole en servizos mínimos de 15€.

Pensión Km 511

Desconto do 10% sobre o prezo da tarifa habitual

Cartafol

Desconto do 10% en todos os produtos.

Restaurante O Lar de Adrián

Desconto do 10% no servizo de carta e do 5% no menú.

Hostal Mar de Plata

Desconto do 5% na tarifa da habitación e servizo de lavandería gratuíto.

Calzado infantil KHIMAIRA

5% de desconto en campaña, excepto rebaixas

Restaurante Los Bastones

Desconto do 20% sobre total.

Óptica Callao

Desconto do 15% en lentes de sol, graduadas e audífonos. Non acumulable a outras ofertas.

NATIONAL ATESA

Tarifas especiais no aluguer de vehículos: código NG9


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova