Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Recepción no Concello aos equipos de fútbol de Lugo gañadores en diferentes categorías


# Xoves, 30/06/2011


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto con outros membros da corporación local presidiu a recepción que lle ofreceu o Concello aos equipos de fútbol da categoría pre-benxamines, cadetes e infantiis gañadores nas súas categorías.

No acto, o concelleiro, felicitou aos deportistas, membros da Federación de Fútbol e aos pais por “facer posible que en Lugo existan deportistas con tan altas cualidades ademais de que valedes como exemplo a todos os mozos da cidade.” A continuación, impuxéronse as medallas aos membros dos equipos de fútbol, en categoría pre-benxamin do grupo 1, ao campión, o Clube Deportivo Lugo e ao equipo Maristas. No grupo 2, e campión da mesma, ao Azkar Prone e ao C.D. Residencia.

Tamén recolleron os trofeos o Azkar Prone na categoría de cadetes e infantiis, como Campións Autonómicos de Fútbol en ambas categorías. A representación feminina estivo marcada por Elena Del Río, máxima goleadora galega na categoría de Infantiis.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova