Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha representación de deportistas lucenses participan nos IX Xogos do Eixo Atlántico en Matosinhos


# Venres, 01/07/2011


A cidade de Lugo contará cunha ampla representación nos IX Xogos do Eixo Atlántico que se celebran entre o 3 e o 8 de xullo en Matosinhos, Portugal. Un total de 74 deportistas lucenses desplazaránse este domingo día 3 a Portugal para participar nas competicións .
As modalidade nas que participa a delegación lucenses son en baloncesto feminino con 10 xogadoras e dous adestradores; en baloncesto masculino con 10 xogadores e dous adestradores; en atletismo masculino e feminino con 16 atletas e dous adestradores; en voleibol feminino con 10 xogadoras e un adestrador, en volei praia masculino e feminino con 4 xogadores e un adestrador e en fútbol 7 con 12 xogadores e 2 adestradores.
A expedición deportiva sairá o vindeiro domingo ás 09:00 horas dende a Piscina Municipal de Frigsa para voltar, dependendo do resultados obtidos nas diferentes disciplinas deportivas, entre o martes dia 5 e o día 8 de xullo. Para máis información sobre os torneos pódese consultar na web http://www.matosinhosoprt.com/gca/?id=329 onde aparece a información dos calendarios de xogo e regulamentos das competicións deportivas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova