A tarxeta será válida por un, dous ou tres días e poderase adquirir na Oficina Municipal de Turismo e nos hoteis colaboradores
LugoCard servirá para acceder a museos e espectáculos ademais de ofrecer descontos en medio cento de establecementos que se sumaron á iniciativa
www.lugoturismo.com/lugocard
O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, quere converter a Lugo nun referente turístico nos vindeiros anos nos eidos do turismo cultural e do turismo de natureza. Así o anunciou esta tarde Antón Bao durante o acto de entrega da documentación aos comerciantes e hostaleiros para a posta en circulación a partir de mañá da tarxeta turística da cidade.
A tarxeta turística terá validez por 1, 2 ou 3 días e ofrece distintos descontos e ofertas ós turistas que a empreguen. A esta iniciativa sumáronse 51 establecemtos, entre comercios, bares, restaurantes, esteblecementos hoteleiros e guías de turismo profesionais. Antón Bao destacou precisamente a “fantástica acollida que tivo esta iniciativa entre o sector”. A tarxeta poderá adquirirse a partir de mañá na Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, e nos principais hoteis da cidade.
Nun acto no que estivo presente o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Cheché Real, e os propietarios dos bares, hoteis, restaurantes e comercios adheridos á iniciativa, Antón Bao expuxo as principais liñas de traballo da Concellaría de Turismo que el dirixe para os vindeiros catro anos, que inclúe a creación dun circuito de restos arqueolóxicos e o aproveitamento do potencial que ofrece o río Miño para o turismo de natureza.
O tenente alcalde destacou que “Lugo ten unha magnífica materia prima no eido turístico, só é necesario empaquetala axeitadamente e vendela, é dicir, crear produto turístico a partir desa materia prima. É precisamente o que se fai con esta tarxeta turística. E esa é a tarefa para os vindeiros anos, para acadar un verdadeiro despegue turístico de Lugo que axude tamén na recuperación económica”, dixo.
Apoio á creación dunha escola de formación
Antón Bao quixo mostrar tamén o seu apoio á iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, pola que leva anos loitando a asociación, de crear un centro de formación permanente para os traballadores e os profesionais da hostelería a nivel da provincia e que estaría ubicado na cidade de Lugo. “Onte mesmo tivemos reunión do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións e contratáronse as obras para a adecuación do edificio, que impedía ata agora a concesión de licenza de primeira ocupación. Agardo que xa non haxa máis atrancos e en canto ese espazo dispoña de licenza se poida poñer a andar a tan ansiada Escola de Formación en Hostalería”, transmitiulle o tenente alcalde ao presidente dos hostaleiros.
Antón Bao dixo que o obxectivo a acadar nestes catro anos é “aumentar exponencialmente o número de turistas que visitan Lugo e ampliar a estancia dos turistas que nos visitan”. Para iso, dixo, é necesario traballar co resto da provincia (A Mariña, Ribeira Sacra, a Montaña, etc) dende un ente a nivel provincial. “Creo que aí estamos todos de acordo. O de menos é o formato desa entidade. Dende a Deputación estase creando unha Empresa Provincial de Turismo, que podería cumprir esas funcións”, afirmou.
“O obxectivo é que dentro duns anos un turista que nos visite poida pasar unha semana ou 15 días en Lugo con cousas que facer. Neste momento as tarxetas turísticas que poñemos en marcha son de 1, 2 e 3 días de duración. O obxectivo é que poida haber unha tarxeta turística de 7 días, por exemplo”, indicou.
A tarxeta
LugoCard consiste nunha tarxeta de pvc de 75 micras. Non leva chip, polo que se trata dunha tarxeta identificativa, persoal e intransferible, que se personaliza ao cubrir con tinta indeleble os datos do titular e a data e a hora da validación. Elaboráronse tres modelos diferentes segundo a duración da súa validez: 1, 2 e 3 días. O deseño das tarxetas aposta por crear un produto sedutor ao mostrar imaxes da cidade que recollen os principais atractivos turísticos de Lugo. Nestes modelos escolléronse imaxes da Muralla, do centro histórico e do río Miño. Trátase de que a propia tarxeta se convirta nun produto promocional e que se acabe convertindo nun recordo da cidade.
O tamaño da tarxeta é estándar e o formato consta dun anverso ocupado íntegramente por unha imaxe fotográfica e o logo de Lugocard. No reverso sitúanse os espazos de identificación do titular, tipo de tarxeta (individual ou familiar) e da data e hora da validación da tarxeta. Tamén figuran os logotipos do Concello de Lugo, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e de Turespaña, xunto a outra fotografía da cidade en tamaño máis pequeno.
Outras cidades españolas que comercializan a tarxeta turística son Xixón, San Sebastián, Segovia, Granada, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Valladolid, Sevilla, Burgos, Salamanca, Valencia, Tarragona ou Alcalá de Henares. Unha das últimas en incorporar este servizo foi Pontevedra. A nivel internacional, os grandes destinos turísticos por excelencia tamén a ofrecen aos seus visitantes: Londres, Praga, Roma, Lisboa, New York, entre outras.
Vantaxes de LugoCard
LugoCard servirá para integrar os servizos turísticos de Lugo e para ofrecer un instrumento cómodo, económico e áxil ao visitante da cidade. Tamén para desenvolver un sistema de fidelización e comercialización de Lugo como produto turístico. Entre as vantaxes que gozará o titular de LugoCard figuran:
-Entrada con desconto aos Museos Municipais de Lugo.
-Descontos no servizo de audioguías e nos servizos turísticos que desenvolva o Concello de Lugo.
-Descontos e/ou vantaxes en comercios, centros de ocio, hoteis, restaurantes e outros servizos hostaleiros.
-Descontos no campo de golf.
-Descontos en teatros, espectáculos e outras actividades culturais organizadas polo Concello de Lugo.
A venda da tarxeta levarase a cabo na Oficina Municipal de Turismo (CIM) e nos hoteis adheridos ao proxecto. Deste xeito contrólase con eficacia a súa distribución e se lle facilita ao turista a súa adquisición nos puntos clave que van centrar a organización da súa viaxe. Como a tarxeta é identificativa terá que ser personalizada polo persoal autorizado (técnicos do CIM e persoal dos hoteis) que deben escribir, con tinta indeleble, os datos do titular.
Respecto a posibilidade de adquirila pola rede, ofrécese un servizo de reserva online a través da páxina www.lugoturismo.com. Ao formalizar a solicitude xérase un número de localizador que o usuario poderá empregar para beneficiarse dos descontos na reserva dos hoteis. Estes só se farán efectivos ao presentar a tarxeta no momento de rexistrarse no hotel. O solicitante poderá retirar a súa tarxeta tanto no hotel, como na Oficina Municipal de Turismo dando o número de localizador. O establecemento hoteleiro adherido deberá establecer un enlace dende a súa páxina web ao sitio www.lugoturismo.com.
Os obxectivos da creación e posta en marcha do produto turístico LugoCard son:
1. Potenciar a imaxe de destino turístico de calidade de Lugo e incrementar o número de turistas e viaxeiros que visitan á cidade.
2. Aumentar o tempo de estancia do turista, facendo que pernocte os máximos días posibles.
3. Ofrecer ao turista un servizo que integre vantaxes económicas, comodidade e información para que goce de todos os atractivos culturais, deportivos, gastronómicos e de ocio, comercio e hostalería, entre outros. Deste xeito, facilítaselle ao visitante unha serie de contidos que xustifican a súa permanencia na cidade. En definitiva, trátase de que coñeza e goce de todo o patrimonio histórico e cultural e de todos os servizos que pode atopar en Lugo.
4. Descubrir aos turistas aqueles lugares situados fóra dos circuitos turísticos habituais incorporando zonas novas.
5. Facilitar aos usuarios un aforro respecto aos prezos habituais e, ademais, que gocen de interesantes descontos e agasallos.
6. Conseguir fidelizar ao turista e, ao ofrecer un coidado servizo, favorecer unha transmisión da imaxe de Lugo moi positiva a través do boca-orella.
Pódese afirmar que, en resumo, os obxectivos van dende integrar os recursos xerados pola oferta turística, cultural e de ocio, ata poñer en valor a cidade como destino turístico cultural e facilitar un aforro aos visitantes.
LugoCard comercializarase nun pack composto pola tarxeta identificativa e unha guía informativa en tres idiomas. A guía conterá información de todos os establecementos asociados á tarxeta, cunha breve descrición de cada un deles (dirección, teléfono, horarios, servizos e descontos ofrecidos, ademais de fotografías ilustrativas). Tamén ofrece información xeral de Lugo, dos seus principais atractivos turísticos e as instrucións de uso da tarxeta. Por último, inclúe un detallado plano da cidade, coas localizacións dos establecementos adheridos para a súa fácil ubicación na cidade.
A duración da tarxeta é de 1, 2 ou 3 días e entra en validez dende o momento da súa adquisición. Para o total aproveitamento dos seus servizos, ao cubrir os datos deben cumplimentarse correctamente os espazos de data e hora, pois a validez prolongarase 24, 48 ou 72 horas dende o momento da compra. Asimesmo, a tarxeta pode ser individual ou familiar. Neste último caso, o titular debe ser un dos proxenitores. Para obter os descontos aplicables, o titular debe amosar a tarxeta antes de pagar nos comercios e no momento de pedir a conta nos bares e restaurantes.
Os descontos son aplicables con independencia da forma de pago. Na tempada de rebaixas os comercios non están obrigados a aplicar o desconto engadido.
Prezos
Os prezos propostos para as modalidades da tarxeta LugoCard atendendo aos servizos que ofrece o Concello de Lugo aos seus usuarios son os seguintes:
LUGOCARD…………………………………. MODALIDADE INDIVIDUAL |
|
Duración 1 día |
7,00 euros |
Duración 2 días |
11,00 euros |
Duración 3 días |
15,00 euros |
LUGOCARD…………………………………. MODALIDADE FAMILIAR 2 adultos + 2 niños menores de 16 anos |
|
Duración 1 día |
14,00 euros |
Duración 2 días |
22,00 euros |
Duración 3 días |
30,00 euros |
Actividades culturais de carácter anual |
|
Mostra de Teatro Clásico |
|
Festival de Jazz |
|
Semana Internacional de Cine de Autor |
|
Festival de Música Cidade de Lugo- Semana do Corpus |
|
Mostra de Teatro Galego |
|
Festival de Teatro Universitario |
|
Ciclos de Música Clásica Lugo-Cultural |
|
Festival Internacional de Maxia – LugoMáxico |
|
ESTABLECEMENTO |
OFERTA LUGOCARD |
Restaurante Savoy |
Desconto do 10% en comidas á carta. Ofertas en comidas concertadas, viños de marca e copas. |
Restaurante Tosar |
10% de desconto no total da conta de comidas ou CEAS |
Hotel Husa Porta de Santiago |
Desconto do 10% sobre a tarifa |
Café Egomundi |
5% de desconto en todas as consumicións |
Tienda Columbia |
10% de desconto |
Peletería Vázquez |
5%-10% de desconto en prendas de vestir en pel e prendas a medida ao mesmo prezo ca mostra |
Restaurante Verruga |
Parking gratuíto e invitación a café e chupito de licor café gratuíto |
Código |
10% de desconto (non aplicable en periodo de rebaixas) |
Balneario e Termas de Lugo |
Desconto do 10% na tarifa do circuito termal. |
GUÍA DE TURISMO PROFESIONAL |
15% de desconto sobre os prezos da Asociación de Guías de Galicia |
Servizos de Guías Turísticos |
15% de desconto sobre os prezos da Asociación de Guías de Galicia |
Club de Golf de Lugo |
20% de desconto na tarifa de Green Fee no socio-semana e a oferta especial en cursos de iniciación con alta como aboado |
Restaurante Paprica |
Invitación por cortesía da casa a unha botella de viño (recomendación da semana) por mesa en xantares e ceas. Non aplicable ao Menú Express. |
O Lar do Pobo |
Desconto de 1 euro na garrafa de 5 litros de Aceite "La Chinata" |
Pulpería-Parrillada O Castelo |
Desconto dun 5% na ración de Pulpo á Galega |
101 Viños |
Desconto do 10% en botellas de viño galego |
Restaurante Cafetería O Pazo |
Desconto do 5% da ración de pulpo con zamburiñas |
Raxería-Pulpería Os Tres Pés |
Desconto do 10% na ración de zamburiñas |
Restaurante Antas de Ulla |
Desconto do 10% na carta para comidas o cenas (no se incluye el menú del día) |
PEPA "Arte e deseño" |
Desconto do 10% en marcos e molduras, belas artes e manualidades |
Apartamentos Ciudad de Lugo |
Desconto do 10% na tarifa en aloxamento e almorzó |
Guía Turística Especializada en Galicia |
Visitas guiadas por Lugo durante as que descobrirá a historia e as tradicións desta cidade bimilenaria. PVP/pax: 8€ - Nenos menores de 12 anos gratis. |
Hotel Méndez Núñez |
10% desconto en aloxamento e almorzo |
Mesón A Rebola |
Desconto do 10% en comidas á carta. Non se inclúe o menú do día. |
Delicium Tremens |
Desconto do 5% en todos os produtos. |
Club Clavicémbalo |
Desconto do 25% nas entradas aos concertos. |
Joyería Martínez |
Desconto do 10% en reloxería, xoiería e agasallos. |
Taberna de Marcos |
Invitación por cortesía da casa a café e licores. |
Café Bar Alondra |
Invitación por cortesía da casa á degustación de chupito de espirituoso licor de herbas como segunda consumición. |
Miguel Sport |
Desconto do 10% en artigos de temporada. Non aplicable en rebaixas ou ofertas. |
Pizzería Piccolo |
Desconto do 10% no prezo das pizzas da carta. |
Eduardo Souto |
Desconto do 15% no ticket final (non compatible con outras ofertas existentes). |
Números Rojos Bar |
Desconto do 25% na carta de cervexas internacionais e de importación. |
Mesón de Alberto |
Desconto do 10% sobre factura. Non aplicable á Menú de Tapería nin a menús concertados. |
Hotel Jorge I |
Desconto do 20% nas tarifas xerais do hotel (excluídas as ofertas puntuais) e desconto do 10% en resturante (excluído menú do día). |
Hotel España |
Desconto do 10% nas tarifas de hospedaxe. |
Prelo S.L. |
Desconto do 10% en todos os produtos excepto consumibles, papel e ofertas. |
Hostal Alba |
Tarifas especiais para usuarios de LugoCard: -Habitación Individual a 27€ (IVE incluído); -Habitación Doble para Uso Individual a 40€ (IVE incluído); Habitación Doble o de dos camas a 54€ (IVE incluído) |
GUÍA DE TURISMO PROFESIONAL |
Desconto do 15% nas visitas guiadas. |
Hotel Los Olmos |
Desconto do 10% nas tarifas de aloxamento. Non acumulable a outras ofertas. |
Restaurante Casa María |
Desconto do 10% na factura final. |
Restaurante Campos |
Desconto do 5% en comedor. |
Curruncho A Nosa Terra |
Café gratuíto en restaurante por cortesía da casa e vale dunha hora no parking público Ánxel Fole en servizos mínimos de 15€. |
Pensión Km 511 |
Desconto do 10% sobre o prezo da tarifa habitual |
Cartafol |
Desconto do 10% en todos os produtos. |
Restaurante O Lar de Adrián |
Desconto do 10% no servizo de carta e do 5% no menú. |
Hostal Mar de Plata |
Desconto do 5% na tarifa da habitación e servizo de lavandería gratuíto. |
Calzado infantil KHIMAIRA |
5% de desconto en campaña, excepto rebaixas |
Restaurante Los Bastones |
Desconto do 20% sobre total. |
Óptica Callao |
Desconto do 15% en lentes de sol, graduadas e audífonos. Non acumulable a outras ofertas. |
NATIONAL ATESA |
Tarifas especiais no aluguer de vehículos: código NG9 |