Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado elixe un deseño futurista para o cartel do San Froilán deste ano


# Venres, 01/07/2011
O tenente alcalde, Antón Bao, pretende que as festas patronais recuperen o seu carácter popular 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A edición deste ano contará con máis animación na rúa e máis grupos lucenses

Bao anuncia que a vindeira semana convocará unha Comisión de Festas para que todos os grupos municipais poidan facer as súas aportacións


O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentou hoxe o cartel das festas do San Froilán deste ano, que terá un deseño futurista. Acompañado dos membros do xurado, Bao deu a coñecer aos gañadores dos concursos para o San Froilán e o San Froilanciño 2011 e presentou as liñas mestras que guiarán os festexos deste ano.

Segundo avanzou Antón Bao, preténdese “recuperar o carácter popular co que naceu a festa do San Froilán” para que “o pobo sexa o verdadeiro protagonista dos festexos”. Para iso, o tenente alcalde e responsable da área de Cultura do Goberno anunciou que a edición deste ano contará con máis animación na rúa e con maior presenza de grupos lucenses. “Non cremos que os protagonista absoluto da festa teñan que ser os concerto, queremos encher a rúa de actuacións e de ledicia”, dixo.

Tamén anunciou Antón Bao que a súa intención é que as festas sexan “participativas e absolutamente democráticas para facer entre todos o mellor San Froilán posible”. Neste sentido, informou de que na vindeira semana será convocada unha Comisión de Festas para que todos os grupos políticos poidan facer as súas aportacións.

O cartel premiado evoca unha invasión extraterrestre

O xurado, composto por Alejandro Carro como representante da Escola de Artes Aplicadas, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Cheché Real, e pola artista lucense Mónica Alonso, escolleu por unanimidade como cartel para as festas deste ano un deseño futurista que evoca unha invasión extraterrestre. Foi escollido entre máis de 50 deseños presentados a concurso e é obra de Vanesa Rivas Vilar e Andrés Haensel, de Lugo.

Para o cartel do San Froilanciño foi escollido entre máis de 200 nenos e nenas participantes un debuxo dunha noria con moitas cores obra de Paula Cintrón Bellver, de 11 anos, que estuda no colexio Franciscanos de Lugo.  


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova