Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello disporá de 1.335.000 euros para unha nova edición do programa Lugo Emprego Activo do que se beneficiarán alomenos 300 desempregados


# Venres, 01/07/2011
O Alcalde destaca que o novo mandato municipal comeza cunha boa noticia e reitera o compromiso do Goberno local na loita contra o desemprego 

Imaxe Asociada
O Goberno concédelle ó Concello de Lugo fondos da Unión Europea para dar continuidade a un programa do que xa se beneficiaron 390 desempregados

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, Sonia Méndez, informaron hoxe da concesión do programa Lugo Emprego Activo 2, que terá un presuponsto de 1.335.000 euros.

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a concesión deste programa de formación laboral para persoas desempregadas que terá financiamento do Fondo Social Europeo, segundo indicou o Alcalde, quen amosou a súa ledicia porque “comenzamos o novo mandato con esta boa noticia”.

O Alcalde lembrou que o problema do desemprego é unha prioridade e un compromiso do novo Goberno e salientou que “aínda que nós non tempos competencias en materia de emprego dende o Concello non queremos permanecer alleos a ese problema e, por iso, buscamos axuda onde sexa posible e, neste caso, recibímola do Ministerio de Política Territorial e de Administración Pública”.

López Orozco tamén sinalou que a concesión desta subvención ó Concello de Lugo, “é froito da boa xestión que fan a Concelleira de Economía e o seu equipo” e dixo que Lugo é un dos concellos que máis fondos recibe.

A concesión destes financiamento permitiralle ó Concello de Lugo darlle continuidade á primeira edición de Lugo Emprego Activo, un programa de formación para persoas desempregadas que inclúe itinerarios de formación con prácticas remuneradas.

Grazas ós novos fondos, o Concello garante a continuidade do programa durante todo este mandato municipal, xa que ata o 31 de decembro desenvolvense as accións formativas de Lugo Emprego Activo 1 e o ano que vén comezará a segunda edición que terá unha duración de 36 meses.

Deste xeito serán alomentos 690 os desempregados de Lugo que se benefician das actividades de formación laboral que organiza o Concello dentro de Lugo Emprego Activo.

A primeira edición foi para 300 persoas pero, grazas ás economías que se fixeron, puidéronse programar máis cursos dos previstos inicialmente polo que se puideron beneficiar do programa 90 desempregados máis, que están recibindo formación ata finais deste ano.

Lugo Emprego Activo 2 terá alomenos outros 300 destinatarios e, segundo anunciou o Alcalde, estará enfocado a novas iniciativas de autoemprego e de fomento do emprego no medio rural. Entre as actividades de formación previstas inclúense algunhas innovadoras como a comercialización de produtos autóctonos ou de turismo natural e de aventura. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova