Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste máis de 130.000 euros en obras de mellora das instalacións deportivas


# Martes, 05/07/2011


O Concelleiro de Deportes, José M. Díaz Grandío, anunciou que “aproveitamos os meses de verán para facer obras de mellora e, incluso nalgúns casos, obras de nova construción na maioría das instalacións deportivas do Concello de Lugo”.

Díaz Grandío explicou que “este plan de melloras vaise a executar durante os meses de verán cunha inversión total de 132.000 euros, dos cales 20.000 euros son aportación do Consello Superior de Deportes. Algunha das obras que se van levar a cabo son a ampliación dos vestiarios do campo de fútbol do Polvorín e a Cheda, a reposición da valla da pista de hockey do Polideportivo Daniel Cordido ou nas propias piscinas de verán.”

Desta maneira, durante os meses de xullo e agosto prepáranse as instalacións deportivas para ofrecer aos usuarios as mellores condicións posibles para o próximo curso deportivo que comeza en setembro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova