Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste á inauguración das VII Reunión de Escultura Romana en Hispania que se celebra hoxe en Lugo


# Martes, 05/07/2011
Neste encontro, López Orozco, explicou que se reunirá co Conselleiro de Cultura para avanzar as conversas de creación do Consorcio de Rehabilitación

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu ao comezo da VII Reunión de Escultura Romana de Hispania, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, que se celebra hoxe en Lugo e que reuniu a grandes especialistas da materia. No acto de benvida aos congresistas estiveron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Vicerreitor do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, o profesor e investigador Antonio Rodríguez Colmenero e a Directora do Departamento de Historia I da USC, Raquel García Casal.

No seu discurso, López Orozco, explicou que “a idea é a de facer un Consorcio de Rehabilitación que permita a conservación e a posta en valor dos restos arqueolóxicos, o exemplo de que funcionou á perfección foi na cidade de Mérida.” Tamén destacou a necesidade de constituílo na cidade de Lugo coa participación da Deputación, o Concello, a Xunta e os promotores. Ademais lembrou o importante papel que desenvolveu o Concello, xunto con outras administracións, para a recuperación e posta en valor do Lugo romano a través da musealización.

O Alcalde de Lugo avanzou a situación na que se atopa a creación do Consorcio e explicou que “xa temos feitas algunhas conversas e creo que podemos levalo á realidade, o que pasa é que agora depende da Xunta. Eu agardo manter unha reunión en Lugo, formar unha comisión e reunirnos co Conselleiro de Cultura ou no seu lugar, co Director Xeral de Patrimonio. Creo que sería moi importante comezar a traballar de forma consorciada porque deste xeito daríase continuidade aos traballos de escavación permitindo a súa conservación ademais de que favorecen o impulso do turismo.”


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova