Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 50.000 libros enchen a Praza Maior de Lugo na XX edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión


# Mércores, 06/07/2011
O tenente alcalde, Antón Bao, asistiu á inauguración da mostra, que estará aberta toda a semana que ven en horario de mañá e tarde

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Record de participación este ano con libreiros procedentes de
toda Galiza e de outros lugares do Estado español


Máis de 50.000 libros enchen dende hoxe o fondo da Praza Maior de Lugo na XX edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, asistiu á inauguración da mostra xunto ao presidente da Federación Galega de Libreiros, Antonio Fernández Maira. A feira estará aberta durante toda a semana que ven en horario de mañá e tarde.

Nesta edición son 11 os expositores que compoñen a mostra, libreiros procedentes de toda Galiza e de distintos lugares do Estado español. A feira, convertida xa nun clásico do verán lucense, bate record de participación este ano, no que chega xa á vixésima edición. Os 11 stands participantes suman máis de 50.000 exemplares, segundo destacou Fernández Maira, que salientou que a Feira de Lugo ten tanta participación como a que se vai celebrar en Vigo dentro duns días.

A mostra deste ano reúne grande variedade de temas, autores, épocas e prezos. As persoas que se acheguen á feira poderán atopar nos seus expositores verdadeiras xoias, como primeiras edicións ou exemplares únicos. Fernández Maira destacou que gracias a feiras coma esta permiten recuperar libros que doutro xeito desaparecerían, como exemplares que datan dende o século XVI ata a actualidade e que están presentes na feira de Lugo. Ademais de libros antigos, ben sexan de saldo ou de ocasión, entre os stands colocados no fondo da Praza Maior poden atoparse tamén revistas, xornais antigos, carteis publicitarios, cómics ou edicións facsimilares de distintas temáticas.

Outros asistentes

Á inauguración da feira, celebrada esta mañá, asistiu tamén o alcalde, José Clemente López Orozco, e os concelleiros de Infraestruturas, Paz Abraira, e de Urbanismo, Luis Álvarez.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova