Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Case 1500 persoas visitaron na primeira semana de uso as piscinas municipais de verán


# Venres, 08/07/2011


A piscina de verán en Frigsa do Concello de Lugo, recibiu na primeira semana de uso a visita de 1450 usuarios que desfrutaron destas instalacións. A pesares do mal tempo reinante nestas últimas xornadas, a afluencia de visitantes foi importante.

Desta maneira, os días de maior afluencia foron o luns 4 de xullo con máis de 520 persoas, o venres 1 de xullo con case 400 usuarios e o sábado 2 de xullo con 350 usuarios.

O balance de anos anteriores indica que esta é unha das instalacións con máis éxito nos meses de verán. Así, nos meses de xullo e agosto do ano 2010, o número de usuarios que pasaron por estas instalacións foi de 13.195 persoas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán, e que se manteñen como no ano 2010, están establecidos en 0,90 euros a entrada e 10,20 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,10 euros, o abono de 15 baños de 21,60 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 10,80 euros.

Por outra banda os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29 euros o de 15 baños e de 57,40 o de 30 baños.

deportes.lugo.es




Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova