Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo vaise presentar aos premios Cidade Accesible 2012 que organiza a Unión Europea


# Luns, 11/07/2011


Imaxe Asociada
A titular da área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre e a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, deron conta de diversos temas que afectan as súas áreas de traballo.

Desta maneira, Carmen Basadre, sinalou a satisfacción pola adxudicación das vivendas de Aquilino Iglesias Alvariño e precisou que “nós estamos encantados de que por fin se adxudicaran esas vivendas, como levaba reclamando o Concello dende hai tempo, mesmo a través do Valedor do Pobo, posto que esas vivendas, que xa estaban rematadas, non tiñan por que esperar máis tempo.”

Sobre este tema, indicou que “as vivendas de Fermín Rivera están tardando demasiado, o prazo era de 3 meses e xa están máis que pasados.” Ademais de recoñecer que o Concello non ten constancia do remate da obra, porque “a empresa é a que ten a obriga de solicitar ao Concello, que é o que fai as inspeccións para poder dar a licenza de primeira ocupación, e teño que dicir que, de momento, non hai solicitada a inspección para dar esa licenza por parte da empresa.”

Por outra banda, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou de que o Concello de Lugo se vai presentar aos premios Cidade Accesible 2012 , “o Concello, unha vez comprobados que se reúnen os requisitos, tentará gañar este premio que acredita o traballo que se leva facendo nestes anos”. Este galardón premia ás cidades europeas que máis traballaron para promover á accesibilidade e que adoptaron medidas para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade.

Ademais, González Abelleira explicou que a área de servizos sociais pretende modernizar os programas informáticos para poder cruzar datos e coñecer as necesidades reais e obxectivas dos usuarios, xa que o programa informático da Xunta que se usa na actualidade non ofrece estas posibilidades. “Non podemos quedarnos na época das cavernas, temos que avanzar e para iso debemos ir da man das novas tecnoloxías” asegurou Ana González Abelleira.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova