Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello amplía a catro anos o tempo que poden estar as empresas no CEI


# Martes, 12/07/2011
Sonia Méndez explicou que o obxectivo é axudar a consolidar as empresas instaladas no viveiro municipal

Imaxe Asociada

No que vai de ano os técnicos do CEI asesoraron a 200 emprendedores que levan creadas 39 empresas

Méndez tamén anunciou que se vai reunir coas asociacións de autónomos



O Concello de Lugo aumenta o seu apoio ós emprendedores coa ampliación a catro anos do tempo que poden permanecer instaladas as empresas no Centro municipal de empresas, segundo anunciou hoxe a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.

Méndez lembrou que para o Goberno local é unha prioridade o apoio ós emprendedores e ós autónomos e, por este motivo, “desde a nova Concellería de Emprendedores e Autónomos lanzamos unha primeira medida de apoio aos emprendedores, consistente na ampliación do prazo máximo de estancia de 3 a 4 anos no CEI”.

Esta medida permitirá a continuidade e consolidación das empresas instaladas actualmente no viveiro e, polo tanto, o mantemento dos postos de traballo creados, segundo manifestou, Sonia Méndez, quen informou de que actualmente traballan no CEI 15 empresas, 9 delas do sector tecnolóxico.

A Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos explicou que “como sempre, a autorización de estancia se concederá cada ano, de xeito que a renovación farase tras pasar o filtro dos técnicos”.

Ademais, sinalou que a ampliación do período máximo de estancia vai acompañada da participación das empresas en programas de consolidación empresarial e de formación, xa que “o noso obxectivo é conseguir que teñan garantida tanto a súa viabilidade como a súa consolidación”.

Asesoramento a 200 emprendedores

Méndez destacou, tamén, que o CEI-NODUS non se limita a dar aloxamento a novas empresas senón que presta apoio a calquera persoa que teña unha idea empresarial. Neste sentido, informou de que, no que vai de ano, os técnicos do Centro municipal de empresas asesoraron a 200 emprendedores, que crearon xa 39 empresas, unha cifra que a Alcaldesa en funcións considerou “alentadora, xa que fai prever que se crearán máis que en 2010, ano no que foron creadas 46 empresas”.

Para Sonia Méndez, “o especial empeño que puxo o Goberno local na creación de pemes en Lugo, co reforzo de medios que se realizou no CE, fixo que se pasara de 27 empresas creadas no ano 2008 a 46 empresas creadas en 2009 e outras tantas no 2010”.

Autónomos

Ademais a Alcaldesa en funcións anunciou que vai abrir unha ronda de encontros coas asociacións de autónomos de Galicia. Méndez indicou que “a creación en Lugo dunha Concellería de Autónomos e Emprendedores suscitou o interese e recoñecemento das Asociacións que os representan” e anunciou que esta semana vai manter xuntanzas coa Federación de Autónomos de Galicia e coa Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia (UPTA) “a fin de coñecer de primeira man as súas inquedanzas e comezar a traballar conxuntamente”.

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova