Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello cédelle unha parcela de 4.700 metros en San Fiz á Universidade para que constrúa a Aula de productos lácteos


# Mércores, 13/07/2011
A Xunta de Goberno Local tamén acordou dar os nomes Doutor Ulises Romero, Alicia Vilas (Comadroa) e San Cibrao ás rúas que circundan o novo HULA

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo acordou hoxe iniciar os trámites para cederlle unha parcela municipal situada en San Fiz á Universidade para a construción das novas instalacións da Aula de produtos lácteos e aprobou darlle nomes a tres rúas que circundan o novo Hospital, segundo informaron en rolda de prensa os Tenentes de Alcalde Luis Álvarez e Paz Abraira.

A cesión da parcela á Universidade para que constrúa nela as novas instalacións da Aula de Produtos Lácteos, para a que dispón de financiamento da Unión Europea supón, segundo explicou o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, “unha nova mostra de colaboración coa USC, á que se lle dá todo o apoio porque o Goberno local cré na Universidade e nas posibilidades que lle abre á nosa cidade unha infraestrutura destas características”.

Álvarez informou de que a parcela ten 4.751 metros cadrados de superficie e cédese para ser destinada á construción e posterior equipamento científico-tecnolóxico de novas instalacións da Aula de Productos Lácteos. Segundo indicou, serán por conta da Universidade a realización de todas as obras e instalacións necesarias e se non se destina ó uso previsto nun prazo de 5 anos, a parcela reverterá ó Concello.

Tamén sinalou que o acordo tomado pola Xunta de Goberno Local supón a apertura do expediente que agora se vai expor a información pública durante 20 días.

Pola súa parte, a Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, anunciou que a Xunta de Goberno Local decidiu hoxe darlle nome ás rúas que circundan o Hospital Universitario Lucus Augusti. Abraira explicou que a Xunta de Goberno “tomou este acordo para dar unha solución de urxencia, dado que estas rúas carecían de nome, o que supoñía un problema tanto para o Sergas como para os negocios existentes na zona”.

Abraira indicou que a rúa que dá acceso á entrada principal do HULA pasará a chamarse Rúa Doutor Ulises Romero; a rúa que dá acceso á parte posterior do edificio, na zona onde está urxencias, chamarase Rúa San Cibrao, e a que comunica as dúas anteriores, Rúa Alicia Vilas (Comadroa).


Estes nomes xa foran acordados na Comisión do Rueiro, o pasado 25 de xaneiro, e os nomes foron elixidos seguindo tanto criterios de respecto á toponimia como a petición de colectivos sociais que propuxeron nomes de dúas persoas destacadas da nosa cidade relacionadas coa sanidade, segundo explicou Paz Abraira.

A Tenente de Alcalde nacionalista explicou tamén que o acordo da Xunta de Goberno Local terá que ser ratificado agora polo pleno.

Prazas atención diúrna a maiores

Outro acordo tomado hoxe pola Xunta de Goberno Local foi a estimación das alegacións presentadas á resolución do contrato de dez prazas para atención de persoas maiores dependentes en réxime de atención diúrno.

Luis Álvarez explicou que o contrato resolvérase no seu día ó non existir lista de espera neste servizo e agora a demanda de prazas existentes fai necesario recuperar o contrato para que non evitar que haxa lista de espera.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova