Imprimir

REMATA O CURSO DE CICLOMOTOR QUE SE CELEBRABA NO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO DO CONCELLO DE LUGO


14/7/2011

O curso de ciclomotor que se levaba a cabo no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo e que rematou o día 8 de xullo xa obtivo os primeiros resultados nas probas para acadar a licenza de ciclomotor ante a Xefatura de Tráfico de Lugo.

A actividade, que se levou a cabo entre o 27 de xuño e o 8 de xullo en horario de 17:00 a 19:30 horas, contou cunha participación de 13 rapaces e rapazas de entre 15 e 16 anos. Destes, foron 8 nenos e nenas os que se presentaron ás probas para obter a licenza AM que lles da autorización para circular en ciclomotor, dos que cinco obtiveron a cualificación de aptos. Da mesma maneira os cinco que non se presentaron é porque xa dispoñen da licenza de ciclomotor de anos anteriores.

Estes cursos están dirixidos a nenos e nenas de oito a catorce anos, en karts e bicicleta, e de 15 e 16 anos, en ciclomotor. O obxectivo é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá. Os cursos de verán rexistran unha asistencia media de 200 rapaces e rapazas.

Coñezca o Parque Infantil de Tráfico (PIT)