Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dous novos cursos darán comezo mañá nas Actividades de Verán 2011 organizadas polo Concello de Lugo


# Xoves, 14/07/2011


A partir de mañá día 15 inícianse dous novos cursos do programa Actividades de Verán 2011 organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. O prazo de inscrición xa rematou pero os interesados aínda se poden apuntar achegándose aos centros nos que se imparten ditas actividades.

Os cursos que comezan mañá son “Dinámicas de grupos” que remata o 29 de xullo en horario de luns a venres de 11:00 a 14:00 horas. Esta actividade está dirixida á poboación maior de 18 anos e levarase a cabo no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Neste curso traballaranse contidos teóricos e prácticos sobre as técnicas e dinámicas de acción grupal, de gran utilidade para o manexo de grupos en diferentes situacións e ámbitos como debates ou foros.

Por outro lado, tamén comeza no Centro de Convivencia Maruja Mallo, o curso de “Gomaeva e Feltro” en horario de 11:00 a 13:00 horas. Trátase dun curso máis práctico e creativo no que se traballará cos dous materiais distintas técnicas de elaboración de manualidades decorativas e actuais como son broches ou bonecas.

Hoxe tamén remataron os cursos de “Intervención coa mocidade: alcol e tabaco” e “Globoflexia e papiroflexia” nos que participaron unha media de 20 mozos e mozas. A parte destes cursos, hai outras actividades que se iniciaron este mes e que continúan xa que teñen unha duración maior, tales como: baile, deseño gráfico e webs, patinaxe ou nutrición.

Coñeza as alternativas de ocio educativo e deportivo




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova