Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de profesores da Unión Europea visitaron hoxe Lugo e foron recibidos pola tarde no Concello


# Xoves, 14/07/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, recibiu esta tarde no Concello a un grupo de profesores da Unión Europea que participan no curso “Science&Art: so similar, so different”, que se celebra esta semana en Santiago de Compostela, organizado polo IES Urbano Lubrís da Coruña, co patrocinio dos Museos Científicos coruñeses e dos Concellos de Lugo, A Coruña e Santiago.

Fraga deulles a benvida á nosa cidade e amosoulles a Casa do Concello, que visitaron logo de coñecer a Muralla romana.

Este curso de formación do profesorado trata sobre a relación entre a ciencia e o arte coa asistencia de 21 persoas de 8 países da Unión Europea.

Neste curso trátase, entre outros aspectos do triángulo galego Patrimonio da Humanidade, e dicir, Lugo, Santiago e A Coruña. Hoxe foi o día que os participantes no curso visitaron a nosa cidade e, en particular, a Muralla.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova