Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ofrece a súa colaboración ás asociacións de autónomos


# Venres, 15/07/2011
Sonia Méndez mantivo unha reunión coa Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia coa que abriu unha rolda de encontros cos representantes deste importante sector para a economía de Lugo

Imaxe Asociada
A Alcaldesa accidental e Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, comezou hoxe unha serie de reunións con representantes das asociacións de autónomos para darlles a coñecer as iniciativas que desenvolve o Concello que poden ser de interese para este colectivo que, como é sabido, ten un importante peso na economía e o emprego tanto de Lugo como de Galicia.

Méndez mantivo esta mañá un encontro co Secretario Xeral da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia, Lisardo Domínguez, e nos próximos días manterá outra xuntanza coa Federación de Autónomos de Galicia.

Nesta primeira reunión, Méndez explicoulle a Lisardo Domínguez que o Goberno local recoñece o papel fundamental que ten este sector na nosa economía, motivo polo que foi creada unha Concellería de Autónomos e emprendedores e ofreceulle a colaboración do Concello nas iniciativas que desenvolve a UPTA. Concretamente, ofreceulle a sinatura dun convenio de colaboración para facilitarlles o uso das instalacións do CEI-Nodus para actividades de información e asesoramento ó colectivo de autónomos.

Pola súa parte, Lisardo Domínguez salientou “a boa disposición que atopamos no Concello de Lugo para chegar a unha colaboración que nos axude a informar ós autónomos de temas como a importancia de aumentar a base de cotización”. Neste sentido, indicou que Lugo é a provincia galega con maior número de traballadores autónomos que cotizan pola base máxima. En Galicia hai 172.946 autónomos que cotizan pola base mínima e só 1.361 que o fan pola máxima. A base mínima de cotización para traballadores inscritos no RETA para o ano 2011 é de 850,20 euros e a máxima, de 3.230,10 euros.

Segundo Lisardo Domínguez, este é un colectivo que “vai resistindo a crise” aínda que “segue a fallar o financiamento, a pesares de que unha parte moi importante do tecido empresarial somos pemes e autónomos”. Tamén indicou que nas zonas do interior como Lugo o sector está nunha mellor situación, por exemplo no sector da construción, dado que, segundo dixo, “nas zonas de costa é onde houbo máis especulación”.
Da importancia deste colectivo dá idea o feito de que os autónomos representan orredor do 25% da poboación activa de Galicia e case o 30% no caso de Lugo. En Galicia hai 219.163 traballadores autónomos e en Lugo 37.806, dos que o 43% son mulleres.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova