Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Servizos Xerais entrega os diplomas do curso de informática no telecentro do Castiñeiro


# Luns, 18/07/2011
Cento vinte persoas formáronse no último ano neste telecentro que dispón dun posto informático accesible para discapacitados

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, entregoulles esta mañá os diplomas aos asistentes dos cursos que se impartiron nos meses de maio e xuño no Telecentro do Castiñeiro. Ao acto asistiron preto de medio cento de alumnos, que participaron nalgún dos varios cursos ofertados polo Concello. As actividades no Telecentro do Castiñeiro están a ter moito éxito, posto que na maioría dos cursos os 15 ordenadores sempre están ocupados e incluso hainos que teñen persoas inscritas en lista de espera.

Na Aula Multimedia do Castiñeiro séguese levando a cabo unha programación formativa dirixida a toda a poboación e da que xa se beneficiaron no último ano máis de 120 persoas, que se inscribiron nos distintos cursos que se ofertan neste telecentro da cidade, por exemplo sobre iniciación á informática, Internet ou redes sociais. Os beneficiarios destes cursos foron, sobre todo, xente maior, de 45 a 75 anos, e nenos.

Por este motivo, o Concello de Lugo quere continuar con este programa formativo sobre as novas tecnoloxías, cos obxectivos de formar aos usuarios en coñecementos básicos para utilizar un ordenador, así como crear habilidades na navegación por Internet e a comunicación mediante o correo electrónico. Como novidades durante os meses de verán estanse impartindo cursos de informática para rapaces, iniciación na edición de vídeo ou creación dun blog.

Con iniciativas como esta o Concello pretende achegar a tódolos veciños e veciñas de Lugo o uso das novas tecnoloxías ensinándolles as vantaxes da súa utilización nas súas prácticas diarias e os beneficios que poden proporcionarlles ás súas vidas.

Posto informático accesible

Ademais, na súa visita ao Telecentro o Concelleiro de Servizos Xerais e Modernización Administrativa puido comprobar o funcionamento do posto informático que foi instalado recentemente con equipamento accesible para persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motriz. Este equipo conta con dispositivos especiais para que persoas con necesidades especiais e dependencias poidan acceder a Internet e beneficiarse das vantaxes que ofrecen as TIC para o seu desenvolvemento persoal ou profesional.



- Programa Telecentro Castiñeiro (arquivo PDF)
- Coñeza a Aula Multimedia do Castiñeiro
- Programa Telecentros Rurais (arquivo PDF)
- Coñeza a Rede de Telecentros do Concello de Lugo




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova