Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica este ano case 300.000 euros a apoiar as asociacións de Lugo


# Martes, 19/07/2011
O Concelleiro de Servizos Xerais mantivo unha reunión con representantes das asociacións para comunicarlles a nova convocatoria das axudas municipais

Francisco Fraga animou ás asociacións a facer propostas para os presupostos do Concello


O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, reuniuse esta mañá con distintas asociacións veciñais, sociais, deportivas e culturais que traballan en Lugo para darlles conta da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral ou sectorial, e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestruturas, no desenvolvemento dos ditos programas e actividades.

Estes programas serán tramitados polas áreas de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación; de Benestar Social, Igualdade e Xuventude; de Servizos Xerais, de Deportes e de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Na reunión participaron orredor de 150 persoas en representación de todas as asociacións que traballan no noso concello.

O importe total das subvencións ás asociacións que convoca este ano o Concello é de 295.020 euros. As bases da convocatoria establecen que se concederán ata 131.200 euros a asociacións deportivas, 105.170 euros son para participación cidadá, 24.500 euros adícanse a asociacións culturais, outros 24.400 ás que traballan no campo dos servizos sociais; 6.750 son para asociacións xuvenís e 3.000 para colectivos de mulleres.

Entre os requisitos establecidos para poder acollerse a esta convocatoria de achegas que convoca o Concello figura o de tratarse dunha asociación ou entidade sen ánimo de lucro legalmente constituída, estar ó corrente das obrigas fiscais, ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello.

As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 45 días naturais logo da publicación das bases no Diario Oficial de Galicia. As bases tamén se publicarán no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de Anuncios do Concello. As bases tamén se poden consultar na páxina web municipal www.lugo.es na que tamén están colgados os impresos de solicitude.

Presupostos participativos
Francisco Fraga tamén animou ás asociacións a facer propostas referidas ós seus campos de traballo que se terán en conta na confección dos presupostos municipais do vindeiro ano.

Ademais, o Concelleiro de Servizos Xerais ofreceulles ós representantes das asociacións que participaron na xuntanza a posibilidade de aportar ideas sobre cursos que poidan ser do seu interese para incluílos na programación da Aula do Castiñeiro e ofreceulles a posibilidade de que poidan facer uso dos equipos informáticos cos que está dotado o Centro cívico María Balteira.

Tramita na túa casa: Solicitude de subvencións para asociacións

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova