Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello renova a súa colaboración co Centro comercial aberto de Lugo


# Martes, 19/07/2011
O Alcalde asinou o convenio polo que o Concello concede unha axuda de 15.000 euros á Asociación Lugo Centrum

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe un convenio de colaboración co Presidente da Asociación do Centro Comercial aberto de Lugo-Lugo Centrum.

Con este acordo, o Concello renova o seu apoio ó proxecto para actuacións de dinamización, revitalización, potenciación e desenvolvemento do Centro Comercial Aberto de Lugo durante o ano 2011. Estas actuacións consisten, basicamente, na realización de actividades de animación, promoción, sinalización e fidelización do Centro Comercial Aberto de Lugo.

O Alcalde salientou que “o Concello trata de dar apoio ó Centro Comercial Aberto para axudalos a atraer compradores a estes establecementos, nos que se lles ofrece un bo produto e un trato cercano”. No mesmo sentido, o Alcalde lembrou as axudas que concede o Concello ós negocios do centro histórico ó abeiro do Plan Urban e indicou que “seguiremos colaborando con esta subvención, con melloras nas rúas e tamén con eventos como as festas do Arde Lucus e do San Froilán que atraen moita xente a Lugo”.

López Orozco tamén fixo un chamamento ós veciños para que invistan nos establecementos da nosa cidade e sinalou que “o comercio sempre atopará un aliado no Concello”.

Pola súa parte, o Presidente de Lugo Centrum agradeceu que o Concello manteña o seu apoio económico á entidade nestes tempos de recortes económicos e sinalou que “sempre atopamos facilidades no Concello para facer as nosas campañas de animación nas rúas, cousa que non sucede noutros Concellos” e asegurou que pese ás dificultades, “o comercio de Lugo é próspero e está funcionando ben, como o demostra o feito de que no último ano medrou máis dun 10% o número de asociados de Lugo Centrum”. Na actualidade, Lugo Centrum ten case 130 asociados.

Dacordo con este convenio, o Concello comprométese a achegar a cantidade de 15.000 euros para o financiamento das actividades obxecto do protocolo e a Asociación de comerciantes, empresarios, profesionais e autónomos do Centro Comercial Aberto de Lugo comprométese a empregar o importe da axuda económica nas devanditas actuacións durante o ano 2011.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova