Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Once desempregados aprenderán o oficio de canteiro nun obradoiro que organiza o Concello


# Mércores, 20/07/2011
O Alcalde inaugurou o obradoiro que imparte a Fundación laboral da Construción

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concello aproveita os fondos do Plan Urban para formar a persoas desempregadas nun oficio que ten futuro laboral


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou hoxe un novo obradoiro de formación para persoas desempregadas que organiza o Concello con fondos do Plan Urban para ensinar un oficio que ten demanda no sector da construción. No acto tamén participaron o Presidente da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.

O obradoiro de canteiría é o segundo que organiza o Concello con fondos do Plan Urban, que financian o Concello de Lugo, a Deputación provincial e a Unión Europea, a través do FEDER, logo do que se impartiu adicado ó oficio de carpintería.

Nesta ocasión serán once os alumnos desempregados os que terán a oportunidade de aprender o oficio de canteiro ó tempo que cobran unha bolsa mensual por asistencia ó curso, que terá unha duración de 540 horas de formación, tanto teórica como práctica.

Na parte práctica deste obradoiro, os alumnos levarán a cabo traballos de restauración de elementos do Vello cárcere, de fontes e outras pezas de canteiría do centro histórico da cidade, un traballo que realizarán baixo a supervisión dun canteiro que será o seu monitor.

A organización deste curso ten un presuposto de 67.000 euros e impártese na Fundación Laboral da Construcción, unha entidade na que están representados tanto a patronal como os sindicatos da construción.

Esta Fundación foi tamén quen impartiu o anterior obradoiro financiado polo Plan Urban, que estivera adicado a carpintería de madeira. Nel recibiron formación no traballo con madeira once persoas con dificultades de acceso ó mercado laboral.

O curso de carpintería de madeira tivo unha duración de 510 horas e desenvolveuse entre os meses de novembro e marzo. Os alumnos participantes nese obradoiro aprenderon o oficio de carpinteiros, de feito deseñaron dez modelos de caixas de madeira para comercializar produtos autóctonos e tamén traballaron na rehabilitación de portas das celdas e das celosías do Vello cárcere, ó tempo que cobraron unha beca mensual de asistencia por importe de case 600 euros.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova