Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha empresa instalada no Cei-Nodus lanza un novo portal web


# Venres, 22/07/2011
A empresa Batitales, aloxada no viveiro do Concello de Lugo, creou GaliciaClic

Este portal ofrece un espazo completo e dinámico para que as empresas vinculadas ao turismo e o ocio poidan dar a coñecer os seus servizos, promocións e eventos

A empresa tamén ofrece asesoramento en Mercadotecnia Dixital e servizo de Community Manager, asesoramento en páxinas webs corporativas ou gravación de vídeos en alta definición


Unha empresa aloxada no viveiro de empresas do Concello de Lugo dende hai case un ano, a empresa de servizos turísticos, xestión cultural e asesoramento TICBatitales, acaba de lanzar un proxecto moi ambicioso na Internet para a promoción turística e cultural de Galicia: www.galiciaclic.com.

GaliciaClic é un portal web que busca cubrir as necesidades reais que existen na actualidade á hora de encontrar información turística e cultural útil por parte da persoa que veña a visitar Galicia. Estruturouse a información en cinco campos claves: no apartado de Servizos Turísticos atopamos "Aloxamentos, Restaurantes, Actividades e Ocio" e tamén conta cunha "Axenda". A través desa división preténdese cubrir case o 100% da información requirida á hora de viaxar a Galicia tanto polos turistas e visitantes como polos propios galegos, e tamén dar acceso a ela dun modo rápido e intuitivo.

Todo o contido publicado na web pódese compartir a través das redes sociais dun modo moi sinxelo e mesmo posibilita facer valoracións e comentarios. No ámbito das redes sociais é onde Batitales cre que GaliciaClic vai ser moito máis eficaz que os seus competidores, xa que serven de trampolín para que as empresas relacionadas cos servizos turísticos, como restaurantes, aloxamentos ou empresas de turismo activo, que aínda non están presentes nelas, poidan coñecelas e difundirse a través das mesmas.

Pablo Encabo, un dos socios de Batitales, destacou que "os empresarios da hostalaría e doutras empresas adicadas ao turismo deben centrarse nos clientes, en prestar un bo servizo para que queden satisfeitos e con ganas de volver. Isto require moito tempo e adicación polo que non lles queda tempo para outras cousas e menos para a xestión da súa web ou das redes sociais. Nós posibilitamos a externalización deste servizo e asesoramento en Marketing Dixital a un prezo moi interesante e a xestión do mesmo dun modo profesional e serio".

A pesar de que GaliciaClic acaba de estrearse, moi pronto se lle incorporarán importantes novidades e durante as próximas semanas activarase unha novidosa aplicación web creada a medida e totalmente gratuíta, chamada "Persoaliza a túa Viaxe".

Esta aplicación servirá para que os internautas que o desexen poidan planificar a súa viaxe a Galicia dun modo completo, rápido e sinxelo. Combinando os servizos proporcionados polas empresas que pertenzan a GaliciaClic, o usuario poderá sacar un itinerario en PDF coa composición da súa viaxe feita á medida e tamén poderán enviar telematicamente a planificación para que se lles facilite un presuposto real. O presuposto irá acompañado por consellos e suxestións que axuden a aumentar o desfrute da viaxe e será remitido ao usuario en menos de 72 horas dende o envío deste.

"Galicia é unha Comunidade Autónoma inmensamente rica cando falamos de oferta turística. Esta oferta componse dun incalculable patrimonio natural, tradicións culturais moi arraigadas e prestixiosas ademais de novos recursos turísticos creados polo home nos últimos anos e xa consolidados. Un turista que viaxe a Galicia non se imaxina a oferta turística e cultural que se pode atopar e nós queremos facilitarlle ese coñecemento para que a súa viaxe sexa moito máis completa, cómoda e agradable", afirma Pablo Encabo.

Ademais, a empresa xa está a traballar noutros proxectos relacionados cos campos da Xestión Cultural e das TICs aplicadas ao Turismo. Hoxe por hoxe están en proceso de maduración pero esperan que antes de fin de ano poidan ver a luz.

www.galiciaclic.com

cei.lugo.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova