Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un programa de formación nas novas tecnoloxías en catro parroquias


# Venres, 22/07/2011


Imaxe Asociada

Os Concelleiros de Servizos Xerais e de Zona Rural informaron aos pedáneos e representantes das asociacións veciñais dos cursos que terán lugar en agosto nos telecentros de Castelo, Coeses, Santiago de Saá e San Xoán do Campo


Os Concelleiros de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, e de Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron esta mañá varios telecentros rurais para presentarlles o programa formativo de verán aos pedáneos e aos representantes das asociacións veciñais das parroquias. Nas visitas estiveron acompañados de técnicos do Proxecto PARNET-tic no Concello de Lugo.

Este programa desenvolverase durante o mes de agosto nos telecentros rurais das parroquias de Castelo, Coeses, Santiago de Saá e San Xoán do Campo. O programa contén actividades de difusión e formación sobre as Novas Tecnoloxías, que se desenvolverán nestas parroquias da zona rural de Lugo dentro do Proxecto europeo PARNET-tic que xestiona o Concello.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar os usuarios no uso da Internet e das Novas Tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEME e os agricultores.

O equipo de PARNET-tic no Concello deseñou a programación destas actividades, establecendo o calendario e os horarios nos que se desenvolverán, para o cal contou coas suxestións tanto dos pedáneos como dos representantes das asociacións veciñais.

O Proxecto europeo PARNET-tic está destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e a sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.

Telecentros da cidade

Na Aula Multimedia do Castiñeiro séguese levando a cabo unha programación formativa dirixida a toda a poboación, cos obxectivos de formar aos usuarios en coñecementos básicos para utilizar un ordenador, así como crear habilidades na navegación por Internet e a comunicación mediante o correo electrónico.

Ademais, esta semana o Concelleiro de Servizos Xerais ofreceulles ós representantes das asociacións que participaron na xuntanza a posibilidade de achegar suxestións sobre os cursos que poidan ser do seu interese para incluílos na programación da Aula Multimedia do Castiñeiro e ofreceulles, tamén, a posibilidade de que poidan facer uso dos equipos informáticos cos que está dotado o Centro cívico María Balteira.

- Programa Telecentro Castiñeiro (arquivo PDF)
- Coñeza a Aula Multimedia do Castiñeiro
- Programa verán Telecentros Rurais (arquivo PDF)
- Coñeza a Rede de Telecentros do Concello de Lugo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova