Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación abren este martes os xardíns de San Marcos ós cidadáns


# Martes, 26/07/2011
O Alcalde e o Presidente inaugurarán o novo espazo, pechado ata o de agora ó público, e creado no marco do Plan Urban

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Esta zona de estancia, que dispón de máis de 100 metros transitables, permite dar continuidade ó Paseo Interior da Muralla, conectando a Deputación coa rúa San Marcos e a Praza de Ferrol

No acto, aberto á cidadanía en xeral, estarán representadas todas as comarcas, polo que contará con degustación de produtos autóctonos e de demostracións de oficios tradicionais das diferentes zonas da provincia




O Alcalde, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurarán este martes, ás 20:00 horas, os xardíns provinciais que foron rehabilitados dentro do Plan Urban, o programa europeo que impulsan ambas as dúas administracións e que inclúe outras actuacións para a reactivación do casco histórico como a peonalización da praza de San Marcos.

Deste xeito, a partir dese día todos os cidadáns da provincia poderán disfrutar dunha nova zona de estancia ata o de agora pechada ó público, e que permite dar continuidade ó Paseo Interior da Muralla, logo da recuperación e adecuación dos calexóns que conectan a rúa San Marcos e a praza do Ferrol coa Muralla.

O Plan Urban ten un investimento de 15 millóns de euros, dos que a Deputación achega 3 millóns e o resto son aportados polo Concello e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Deste xeito, con esta actuación, as dúas administracións locais dotan ós veciños dun novo espazo para o seu disfrute, pavimentado con céspede e un paseo en pedra de máis de 100 metros transitables.

Representación de toda a provincia

Con esta nova actuación a cidade e a provincia gañan un novo espazo de lecer. Por iso, en representación do que supón socialmente a apertura dos xardíns, o acto estará aberto a todo público en xeral e contará coa exhibición de oficios tradicionais e de produtos autóctonos de todas as zonas de Lugo: A Mariña, Ulloa, A Montaña, Ribeira Sacra, Terra Chá e Lugo centro. Ademais do Presidente e do Alcalde da capital, contarase coa presenza de autoridades provinciais e locais, de asociacións culturais e veciñais de toda a provincia, de representantes da Universidade e dos centros educativos, así como todas aquelas persoas que xa redescubriron Lugo grazas a Km0, ó programa de visitas institucionais á Deputación e á provincia no que xa participaron 25.000 persoas.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova