Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Atletas do Lucus Caixa Rural Galega participaron no Campionato Galego Absoluto de Pista


# Martes, 26/07/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Varios atletas lucenses participaron no Campionato Galego Absoluto de Pista, que se disputou este sábado no estadio de A Malata (Ferrol). Neste Campionato tomaron parte atletas do club Lucus Caixa Rural Galega que acadaron un alto nivel nesta proba, na que rematou a tempada para moitos deles, a falta dos campionatos de clubs que se disputarán en setembro.

A primeira medalla chegou a cargo de Sandra Fernández García nos 400 m.l. onde lograba subir ao terceiro escalón do podium cunha marca de 1'06''36. Sen embargo, a proba forte foi o salto de altura, no que os atletas do Lucus estiveron a gran nivel, e era Miguel Pérez Vázquez o que se proclamaba Subcampión Galego cunha mellor marca de 1,90 m (mellor marca persoal), e terceiro era o seu compañeiro de club, Agostiño Reigosa Lombao con 1,86 m.


Nas probas de relevos foi onde o éxito do Lucus Caixa rural Galega foi total ao acadar medallas cos tres equipos presentados. Así, nun moi disputado 4x100 foron as rapazas do club as que se proclamaban Subcampioas galegas nun equipo formado por Alicia Merino, Miriam López, Nazaret Sinde e Irene Merino, cunha marca de 51"45. Despois saltaban á pista o equipo masculino do 4x400 integrado por Jorge Gómez, Javier Soriano, Ricardo Fernández e Juan José del Río, que tamén se proclamaban Subcampións galegos cunha marca de 3'42"20, que supón novo récord do club. E finalmente remataba a colleita de metais co 4x400 feminino integrado por Sandra Fernández, Alicia Merino, Alba Vázquez e Raquel Viña que cunha marca 4'51"21 lograban subir ao terceiro escalón do podium.

Ás portas das medallas quedábanse as velocistas nos 100 m, con Alicia Merino 4ª cunha marca de 12"63 e Nazaret Sinde 5ª con 12"65 nunha disputada final a tan so 4 centésimas da medalla. Repetiría posto Alicia Merino no salto de lonxitude, 4ª con 5,36 m. Juan José del Río nos 400 m.l. remataba 4º cun tempo de 51"84 e finalmente María Souto era tamén 4ª nos 3.000 obstáculos cunha marca de 14'27"21.


No 5º posto remataban Xabier Díaz nos 5.000 m.l. (16'10"47) e Ricardo Fernández García nos 400 m.v. (1'03"88). Nos 1.500 m.l. Javier Soriano remataba no 7º posto (4'23"36); Alicia Merino era 7ª nos 100 m.v.; Alicia Freije lograba o 6º posto no lanzamento de martelo (32,14 m); Pablo Modia remataba 10º no salto de lonxitude (6,13 m) e finalmente Alicia Casanova non tiña un bo día e non lograba superar ningunha altura no salto con pértega.

Resumo das actuacións:

100 m.l.
S1-3 - Nazaret Sinde Lorenzo - 12"74 (+4.2)
S2-2 - Alicia Merino Pérez - 12"74 (+2.9)
F4 - Alicia Merino Pérez - 12"63 (+3.6)
F5 - Nazaret Sinde Lorenzo - 12"65 (+3.6)

400 m.l.
S2-3 - Juan José del Rio Ruiz-Gimenez - 53"11
F4 - Juan José del Rio Ruiz-Gimenez - 51"84
F3 - Sandra Fernández García - 1'06"36

1.500 m.l.
F7 - Javier Soriano Sutil - 4'23"36

5.000 m.l.
F5 - Xabier Díaz Fernández - 16'10"47

100 m.v.
S1-5 - Alicia Merino Pérez - 15"60 (+4.1)
F7¿?

400 m.v.
F5 - Ricardo Fernánez García - 1'03"88

3.000 Obstáculos
F4 - María Souto Prieto - 14'27"21

Altura
F2 - Miguel Pérez Vázquez - 1,90 m
F3 - Agostiño Reigosa Lombao - 1,86 m

Longitud
F10 - Pablo Modia Rodríguez - 6,13 (+3.7)
F4 - Alicia Merino Pérez - 5,36 (+4.3)

Pértiga
- Alicia Casanova Adán - Nulos

Martillo
F6 - Alicia Freije Ferreiro - 32,14 m

4x100
F2 - Alicia Merino, Miriam López, Nazaret Sinde, Irene Merino - 51"45

4x400
F2 - Jorge Gómez, Javier Soriano, Ricardo Fernández, Juan del Río - 3'42"20
F3 - Sandra Fernández, Alicia Merino, Alba Vázquez, Raquel Viña - 4'51"21




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova