Imprimir

A MESA LOCAL DE COMERCIO INFORMA FAVORABLEMENTE A CELEBRACIÓN DA II FEIRA DE OPORTUNIDADES


27/7/2011 * Terá lugar do 14 ó 16 de outubro, organizada pola Asociación de Empresarias
* A Mesa Local de Comercio reuniuse esta mañá no Concello

A Mesa Local de Comercio emitiu informe favorable á celebración da Segunda Feira das Oportunidades de Lugo, que se vai celebrar os días 14, 15 e 16 de outubro. A solicitude fora presentada pola Asociación de Autónomas, Profesionais e Empresarias de Lugo e foi informada favorablemente por unanimidade dos asistentes á xuntanza celebrada esta mañá no Concello, que presidiu a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.

Na reunión tamén participaron a Concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira; o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas; o Secretario da Asociación de Hostalería, Jacobo García Bobadilla, e representantes das asociacións de comerciantes Camiño Real, Bispo Aguirre, Avenida da Coruña, Praza de Abastos e Lugo Centrum.

A Mesa Local de Comercio é un órgano no que están representadas todas as asociacións de comerciantes existentes no concello de Lugo. A Lei de Comercio atribúelle ás mesas locais a competencia de emitir informes sobre iniciativas que lle afecten ó sector.