Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurados os XV Cursos de verán de Educación Viaria nun acto que presidiu o Alcalde


# Mércores, 27/07/2011
Nesta edición participaron 173 rapaces que recibiron hoxe os seus diplomas e agasallos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurou hoxe os cursos de educación viaria celebrados este verán no Parque Infantil de Tráfico, que impartiu o Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

No acto de clausura dos cursos que este ano chegaron a súa décimo quinta edición estiveron presentes, entre outras autoridades, o Alcalde, o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo Emilio León Vázquez e representantes da corporación.

López Orozco pediulles ós rapaces que “vaian amodiño, que respeten sempre os sinais” que “hai que ir sempre seguro, atento e respetando as sinais”. Lémbralles tamén a importancia fundamental de evitar os accidentes que “nada hai máis importante que a vida pero tamén porque somos mellores cidadáns, faremos unha cidade moito máis amable se cando teñen que pasar os coches e as bicicletas e as motos pasan, e cando teñen que pasar os peóns pasan e nos respetamos uns ós outros”. Á par disto destaca tamén a importancia de “ comprender e metelo dentro dun”.

Gonzalo Emilio Léon Vázquez sinalou que “o punto básico da redución da siniestralidade viaria é o inicio da escolarización dos nenos” así como incidiu en que “é xusto nos momentos previos de converterse en condutores e usuarios da vía cando hai que incidir na educación e na importancia que ten desde o punto de vista familiar e social o tratar de reducir os accidentes de tráfico mediante a educación”.

Nos cursos, que comezaron o día 27 de xuño participaron 173 rapaces de 8 a 16 anos de idade. A primeira franxa, de oito a catorce anos, fixeron cursos de condución de karts e bicicleta; mentres que na segunda, de quince e dezaseis, fixérono en ciclomotor. O obxectivo de ditos cursos é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá.

Coñezca o Parque Infantil de Tráfico (PIT)


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova