Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe ós nenos saharauis que pasan o verán con familias de Lugo


# Xoves, 28/07/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Manuela Pacín, e outros membros da corporación, recibiron hoxe ós nenos saharauis que pasan o verán na nosa cidade acollidos por familias lucenses.

Catro dos cinco nenos que participan este ano no programa “Vacacións en paz” da Asociación, visitaron esta mañá o Concello acompañados polas súas familias de acollida e por outras rapazas saharauis que residen en Lugo. Segundo explicou Manuela Pacín, cada ano son menos rapaces de acollida “como consecuencia de que os viaxes son máis caros”.

O programa “Vacacións en Paz” consiste en acoller un neno saharaui entre os 7 e 12 anos, durante os meses de xuño a agosto para evitar as altas temperaturas de verán que soportan no Sahara, ademais de mellora na alimentación e sobre todo nas condicións médicas.

Os nenos, procedentes de campos de refuxiados de Tinduf en Argelia, contáronlle ó Alcalde as situacións precarias de alimentación, temperatura ou educación que sofren no Sahara. Tamén os pais de acollida que visitaron esta zona falaron da experiencia que tiveron alá.

Despois dunha amena e participativa charla, o Alcalde, ademais de agradecer o esforzo da asociación e das familias de acollida, díxolles ós rapaces que “esperaba que se atoparan aquí ben. Cando cheguedes á vosa terra, digades que hai xente que vos quere, xente que pensa en vós”; e obsequiounos cuns pequenos agasallos como mostra de cariño.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova