Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Deputación figuran entre as administracións locais de España que van recibir máis fondos europeos


# Venres, 29/07/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Gaspar Zarrías, Orozco, Besteiro e Cortizo presentan as axudas da UE que adican a Lugo 1,1 millóns de euros para continuar o programa Lugo Emprego Activo

A Deputación recibe preto de 18 millóns de euros para programas de creación de emprego, frear o despoboamento e consolidar o medio ambiente como recurso estratéxico para a provincia

O Secretario de Estado anuncia que o Goberno Central aumentará nun 14% o financiamento para as Corporacións Locais de España en 2012, polo que o Concello recibirá 2,5 millóns máis que o ano anterior e a Deputación de Lugo terá 17,1 millóns a maiores

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Secretario de Estado de Cooperación, Gaspar Zarrías, acompañados do Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, e do Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, presentaron este venres as axudas que recibiron tanto o o Concello como o organismo provincial da Unión Europea dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para este ano.

O Concello de Lugo conseguiu de novo axudas do Fondo Social Europeo por importe de 1,1 millóns de euros para poñer en marcha a segunda edición do proxecto Lugo Emprego Activo, que xa tivera financiamento do FSE 2007 por importe de 1,9 millóns de euros. Esta axuda vai permitir cofinanciar un proxecto que ten un custe total de 1,3 millóns de euros coas achegas que fará o Concello.

Esta nova subvención da Unión Europea permitirá que o Concello de Lugo continúe coa formación de persoas desempregadas, atendendo dun xeito especial os procesos de integración e inserción laboral de colectivos que se consideran prioritarios, orientándoos cara a capacitación no ámbito dos servizos de proximidade.

O Alcalde salientou que o obxectivo é “seguir fomentando a formación e a creación de emprego porque esa é a nosa máxima preocupación neste momento”. López Orozco lembrou que “desque son Alcalde levamos xestionados 80 millóns de euros de fondos europeos, que se investiron tanto en atender necesidades de infraestruturas nos barrios e na zona rural como en formación”.

Ademais, o Alcalde dixo que “nestes días nos que está tan de actualidade a financiamento dos Concellos e das Comunidades Autónomas, é verdade que temos problemas de financiamento e necesidades pero ningún Goberno tivo un comportamento cos Concellos de España como o presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, tanto polo plan E como pola participación nos fondos do Estado”, e lembrou que Lugo recibiu 23 millóns de euros do Plan E.

López Orozco tamén destacou que a economía do Concello de Lugo “ten boa saúde” e manifestou que, segundo datos oficiais do Ministerio de Facenda, a débeda do Concello “é de só 39 millóns de euros grazas ó esforzo que fixemos para rebaixar a débeda que atopamos cando cheguei a Alcaldía”.

Máis financiamento para 2012

O Secretario de Estado anunciou, ademais, que o Estado aumentará nun 14% o financiamento para os presupostos de 2012 das Corporacións Locais de España. Isto supón que os Concellos do país reciban 2.000 millóns máis que no pasado ano. Para á Comunidade Autónoma destínanse 128,3 millóns de euros máis que na anualidade anterior, 17,1 millóns para a Deputación; e 2,6 millóns de euros máis para o Concello de Lugo, o que suporá un total de 21,4 millóns de euros de achega do Estado para os Orzamentos municipais do ano 2012. “Los Ayuntamientos tienen dos vías de financiación: la que se deriva de los tributos propios –taxas, licencias, etc- y, la otra, que proviene de la participación en los ingresos del Estado. El Gobierno ha decidido que esta participación en los nuevos presupuestos crezca considerablemente. Se podía haber tomado la decisión de congelar esta participación, pero creemos que los Ayuntamientos juegan un papel clave en la lucha contra la crisis, para generar actividad económica y para crear nuevos puestos de trabajos”.

Fondos europeos para a Deputación

Polo que se refire á Deputación, tanto o Secretario de Estado como o Presidente confirmaron que das 90 entidades locais que percibiron os fondos, é a quinta de España que recibiu maior contía. En total, 17.781.162 euros cos que se executarán os tres proxectos concedidos que suman preto de 25 millóns de euros, e que dan continuidade ás liñas de traballo iniciadas na anterior convocatoria: conseguir a estabilidade demográfica, crear novos postos de traballo na provincia e consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo.

Gómez Besteiro subliñou que a concesión, xunto co seu importe, é un éxito rotundo na xestión deste equipo de goberno. “Si hace cuatro años, en la Diputación conseguimos el 15% de los fondos europeos que venían para Galicia, este año duplicamos este porcentaje, captando el 30% de todas las ayudas para la Comunidad Autónoma. Por eso, los nuevos fondos es un reconocimiento al trabajo hecho. Son proyectos que están destinados a conseguir un efecto positivo en esa lucha contra los efectos perversos del despoblamiento, que se dirigen a superar ese déficit que existe en esta provincia, una sociedad dividida en dos grupos: los que tienen acceso a las nuevas tecnologías y los que no lo tienen, lo que se traduce en una brecha digital importante”.

O Secretario de Estado destacou que “se trata de fondos más ligados a actuaciones e inversiones y otros más vinculados a programas de formación. Todos conforman la pata de apoyo del Gobierno de España a los Ayuntamientos y a las Diputaciones”. Así mesmo, felicitou tanto ó Concello como ó organismo provincial pola xestión destas axudas, o que fai posible que “se encuentren en la parte superior del ranking del conjunto del país de fondos europeos. Sin duda han hecho bien sus deberes. Cuanto el comité evaluador analiza los proyectos que se presentan, tienen muy en cuenta el camino recorrido. En el caso de la Diputación ya disfrutó de fondos FEDER en la primera parte del marco comunitario de apoyo para el 2007-2013 y de Fondos Sociales Europeos. Esta evaluación, altamente positiva, ha sido determinante a la hora de aprobar el dinero que le corresponderá ejecutar”.

O presuposto total para a convocatoria 2011 de fondos europeos foi de 343.991.412 euros, para os que se solicitaron axudas por valor de 739.444.512 euros. Así mesmo, presentáronse 204 candidaturas, das que 120 recibiron o apoio da UE. A cantidade que percibiu Galicia ascendeu a 60,5 millóns de euros.


Proxectos punteiros en toda España

Grazas á confianza á confianza da Unión Europea e do Ministerio, este ano a Deputación iniciará a segunda parte do Innova-TE, o 4º proxecto de España ó que se lle concedeu a maior inversión: preto de 15 millóns de euros. O titular provincial subliñou que o Innova-TE colocou en menos dun ano á provincia nos primeiros postos da administración sen papeis en España. Explicou que grazas a este programa 38 Concellos xa dispoñen dun novo portal web e que, nesta segunda parte, se seguirá estendendo a banda longa nas Casas Consistoriais, malia que esta é unha competencia exclusiva da administración autonómica. Neste senso, apuntou que “ya hemos conseguido mejorar notablemente la conexión de Internet de 36 Ayuntamientos en los que, sino fuese por la Diputación, navegar por la red era prácticamente imposible”. Outras cuestións que o organismo provincial abordará na nova fase do programa tecnolóxico son as seguintes: máis formación sobre as novas tecnoloxías para os veciños e potenciaranse as actividades innovadoras de benestar social que melloran a calidade de vida da 3ª idade que ofrece o In Lugo, o primeiro centro de innovación social de todo el noroeste peninsular.

Trátase, segundo explicou Gaspar Zarrías, de que “nadie quede atrás en la sociedad de la información. La historia ha clasificado a los hombres como los que tenían tierra y los que no la tenían, los que poseían mano de obra y los tentadores de la misma. Hoy las diferencias ya no van ligadas a estas cuestiones, sino a la capacidad o no de poder acceder a estas tecnologías de información, que haya una nueva categoría de infopobres e inforicos en función de su acceso”.

Así mesmo, estas axudas permitiranlle á Deputación continuar co Pacto Provincial polo Emprego, o 5º proxecto de toda España e o 1º de Galicia que recibiu o maior importe dentro do Fondo Social Europeo. Máis de 3,5 millóns de euros cos que se formarán a 1.200 parados nos novos nichos de emprego. Tamén seguirá apostando pola sostibilidade ambiental como un recurso estratéxico e económico para a provincia. O programa Lug02, dotado con máis de 6,5 millóns de euros, permitirá consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo a través de novas iniciativas que se engaden ás xa desenvolvidas. É o caso da mellora da comercialización dos produtos autóctonos, da formación para axudar ós gandeiros a xestionar os residuos, facendo máis rendibles as súas explotacións, ou das primeiras 18 bolsas de traballo medioambientais da provincia.

Todos os proxectos conseguidos

A de Lugo é a única Deputación que Galicia que consegue o apoio de Europa para todos os proxectos presentados, sen ningunha exclusión, a diferenza do que ocorreu nas administracións provinciais de Pontevedra, Coruña e Ourense. No primeiro caso, dous dos programas presentados resultaron eliminados e, as outras dúas non contaron aínda co respaldo da Unión Europea para un dos proxectos presentados por cada administración dentro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova