Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Servizos Sociais atendeu no primeiro semestre máis de 500 persoas no servizo de axuda a domicilio


# Luns, 01/08/2011
O Concello de Lugo inviste preto de 1.500.000 de euros neste servizo que evita a institucionalización dos maiores de 65 anos

Imaxe Asociada

Dispón de axudas técnicas como grúas, cadeiras para a bañeira ou camas articuladas que facilitan a vida diaria dos dependentes

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou que o Concello de Lugo conta con 110 axudas técnicas para o servizo de atención ao domicilio. Trátase dun servizo posto en marcha polo Concello no ano 2008 co que se pretende que os maiores con problemas de saúde poidan ser atendidos nas súas vivendas habituais e evitar a institucionalización dos mesmos.

Ana González anunciou que “no que vai de ano xa se atenderon a máis de 550 persoas co que as previsións para finais de ano é de atender a preto de 900 persoas. Deles o 90% son membros da terceira idade, un 6% son discapacitados e un 4% son para emerxencias sociais. ” Estas axudas facilitan a vida diaria dos usuarios que as solicitan e destacan as grúas bipedestación, sillas de bañeiras xiratorias ou camas articuladas que poden solicitar todos os maiores de 65 anos que as precisen.

González Abelleira lembrou que “todas estas axudas son para mellorar o benestar dos usuarios que é o que pretendemos dende o Concello. Ademais de que estamos a facer un esforzo enorme para manter ese benestar entre os nosos maiores, sabendo os recortes que se están levando a cabo noutras administracións.” Ademais destacou que no servizo de axuda a domicilio non hai listas de agarda e que se pode compatibilizar con outros actividades das que ofrece o Concello.



AXUDAS TÉCNICAS COAS QUE CONTA O CONCELLO DE LUGO:


COLCHÓN ANTIESCARAS
PASTILLEROS SEMANAIS DE 3 TOMAS
PASTILLEROS SEMANAIS DE 2 TOMAS
PASTILLEROS SEMANAIS DE 4 TOMAS
COXÍNS ANTIESCARAS
GRÚAS DE BIPEDESTACIÓN
AGRADEIROS DE VENTOSA
TABLAS DE BAÑEIRA
BALDAS DE CAMA
SILLAS XIRATORIAS DE BAÑEIRA
ANDADORES PLEGABLES
SILLAS DE RODAS
CAMAS ARTICULADAS
CINTURÓNS DE SUXECCIÓN ABDOMINAL
SILLAS DE ALUMINIO PARA DUCHA
ADAPTADORES ALZA PARA WC
LAVACABEZAS
CUCHARA FLEXIBLE ADAPTADA
TENDEDEIRO FLEXIBLE ADAPTADO
SUPERFICIE ANTIDESLIZANTE
TAZA DE ALIMENTACIÓN CON DÚAS ASAS
VASO DE ALIMENTACIÓN CON TETINA
MESA AUXILIAR
TABURETE DE DUCHA
CUÑAS DE PEL
VASO ANTIDERRAME
CALZADOR LARGO
ARCO METÁLICO
BASTÓNS DE CATRO PES
TABURETE DE BAÑO CON ASENTO
DISCOS XIRATORIOS PARA MOVILIZACIÓNS

TOTAL DE UNIDADES PRESTADAS 108

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova