Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un convenio coa Xunta de Galicia para o mantemento do Portelo Único


# Martes, 02/08/2011
Luis Álvarez considera que o finanzamento e moi inferior ó traballo que van realizar dende a entidade municipal xa que só cubre o 39% do total presupostado

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo asina mañá un contrato co Instituto Galego de Vivenda e Solo para o mantemento e tramitación das oficinas municipais de rehabilitación denominado, Portelo único, segundo o anunciou o concelleiro de Urbanismo Luis Álvarez.

O concelleiro de Urbanismo destacou que “o Concello asina o convenio porque senon os lucenses que teñen dereito a tramitación de todos estes procedementos urbanísticos quedarían sen esta posibilidade porque antes era a Xunta a encargada destes trámites.”

Luis Álvarez informou que este convenio, orzamentado con 80.000 euros pola Xunta, non cubre nen a metade do gasto total do servizo que se calcula en 202.168 euros. Desta maneira o concelleiro insistiu en que “entendemos que damos un servizo necesario pero tamén queremos dicir que a cantidade que se finanza dentro deste convenio, que son 80.000 euros, supón um aforro considerable para a Xunta, pero unha sobrecarga de traballo para este Concello.”

O concelleiro de Urbanismo explicou cal era o carácter deste convenio e a súa forma de levarse a cabo a través da empresa municipal de solo, “o que se fai é que o persoal de Evislusa confecciona todos os expedientes con caracter previo que se envian despois ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa cualificación provisional. Despois deste trámite volve ser o persoal de Evislusa o que elabora a proposta definitica e volve ser a Xunta o que fai a cualificaicón definitiva. Este modelo de xestión supón desconcentrar servizos e financialos a un coste moi inferior á realidade” segundo declarou Luis Álvarez.

O Portelo Único leva realizado no que vai de ano os seguintes traballos ( 01-01-2011 ó 20/07/2011):

- PROGRAMA ALUGA: 51 visitas desocupacións, 48 visitas reformas tras desocupación, 2 visitas nova incorporación vivenda ao programa , 5 visitas deficiencias, 3 lanzamentos xudiciais, todas elas cos seus correspondentes informes técnicos remitidos ao IGVS.


- PROGRAMA RENOVE: Revisión e comprobación de documentación de 113 informes para a súa cualificación provisional e 18 visitas final de obra cos seus correspondientes informes para enviar ao IGVS.

- 1ª FASE ARI SAGRADO CORAZÓN: 66 propostas pago e decretos de pago, remate da fase.

- 2ª FASE ARI SAGRADO CORAZÓN: Tramitación de 45 expedientes (documentación, visita previa e informe técnico) Recibidas 45 cualificacións provisionais, notificación delas aos solicitantes, 11 propostas de pago e decretos de pago.

-10ª FASE ARCH: Recibidas 20 cualificacións provisionais, notificación delas aos solicitantes, 20 propostas de resolución provisional para a súa consignación. Realizadas 14 propostas de pago e 14 decretos de pago.

-11ª FASE ARCH: Tramitación de 29 expedientes (documentación, visita previa e informe técnico) e remitidos ao IGVS para a súa cualificación provisional.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova