Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao lamenta que o PP esté desencantado coas potencialidades turísticas de Lugo


# Xoves, 04/08/2011
O alcalde en funcións pídelle ao grupo da oposición que non recurra á mentira e á difamación de xeito gratuito en asuntos que poden perxudicar os intereses da cidade

Bao lémbralle á representante do PP que, igual que calquera cidadán, pode dispoñer dos datos recollidos pola Oficina Municipal de Turismo

Tras as acusacións verquidas, polo grupo da oposición, en relación aos datos turísticos ofrecidos polo alcalde en funcións o pasado martes, Antón Bao sinalou que “é lamentable que as ánsias de protagonismo dos ediles do partido popular os obrigue a estar desencantados coas potencialidades turísticas de Lugo”. Bao lembrou que “os datos que fixemos públicos o pasado martes son os recollidos na Oficina Municipal de Turismo e están a disposición de tódolos cidadáns e por suposto dos ediles do concello de Lugo”.

Bao insistiu en que os datos da segunda quincenda do mes de xullo foron os mellores no que vai de ano, e a cidade de Lugo recibiu máis turistas cunha media de 206 visitas diarias. Para Antón Bao “esto non é contradictorio cos datos ofrecidos pola edil Paz Abraira sobre os datos da primeira quincena no que o número de visitantes rondou os 110 visitantes diarios, un dato significativo é que tan so na ponte do 25 de xullo houbo 1.011 visitas á Oficina Municipal de Turismo”.

O responsable de turismo do concello, Antón Bao, pídelle ao grupo da oposición que non recurra á mentira e á difamación de xeito gratuito en asuntos que poden perxudicar os intereses da cidade “os datos que traladamos son públicos e obxectivos e lamentamos que non sexan do gusto deste partido popular encorsetado na crítica constante e pouco rigurosa”. Bao incidiu tamén en que “estas críticas gratuitas non benenfician para nada a un sector que non está a pasar por un bo momento”.

Antón Bao lémbralle á edil popular que “xa na comparecencia pública coincidimos cos datos da Asociación Provincial de Hosteleiros e destacamos que a pesar de que non se reduciu o número de visitantes si que se reduciron as estadías e o gasto dos turistas na cidade”. Bao recomendoulle tamén ao partido popular de Lugo que “sume esforzos para mellorar o turismo na cidade e que intermedien cos actuais dirixentes da Xunta para que incrementen os investiementos para o fomento do turismo en Lugo”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova