Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A segunda quincena de xullo concentrou o maior de número de visitantes no que vai de ano


# Martes, 02/08/2011
Parellas sen fillos procedentes doutros lugares do Estado español conforman o prototipo de turista que visita a cidade.

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O 72% dos turistas que visitan Lugo proceden doutros lugares do Estado español pero aumenta cada ano o número de turistas procedentes doutros países da UE.

Antón Bao reunirase, en breve, co actual responsable de turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, para deseñar accións conxuntas de cara á promoción turística de Lugo.


A segunda quincena de xullo foi a época, no que vai de ano, na que a cidade de Lugo recibiu máis turistas cunha media de 206 visitas diarias. Un total de 4.738 persoas dirixíronse á Oficina Municipal de Turismo, ubicada na Praza do Campo, para demandar información sobre a cidade, segundo os datos facilitados hoxe polo responsable de turismo, e alcalde en funcións, Antón Bao.

Os datos revelan, segundo Antón Bao, “un lixeiro incremento no número de visitantes (4,5%) repecto ás mesmas datas do pasado ano”. A pesar de que non se reduciu o número de visitantes si que se reduciron as estadías e o gasto dos turistas durante as súa estancia na cidade. Esta reducción está motivada pola crise económica, que reduce o poder adquisitivo das familias e frea os desprazamentos vacacionais.

Os datos do primeiro semestre do ano confirman tamén ese menor número de turistas este ano. De xaneiro a xullo deste ano a cidade de Lugo rexistrou 18.495 visitantes, segundo os datos facilitados pola Oficina Municipal de Turismo, fronte aos 18.442 do primeiro semestre do ano pasado. O ano 2010 pechouse cun total de 37.135 visitantes, unha cifra á que a área de Turismo, que dirixe o nacionalista Antón Bao, espera achegarse este ano.

Por meses, xullo foi ata o de agora o mes con máis turistas (4.738), seguido de xuño (3.621) e abril (3.299) por coincidir neste mes este ano a Semana Santa, na que visitaron a cidade de Lugo 1.514 turistas que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo a solicitar algún tipo de información. No Arde Lucus producíronse 440 consultas, en Nadal 309, na ponte do 1º de Maio 247 e na ponte das Letras Galegas 236. Outra data significativa, en canto ao número de turistas foi na ponte do 25 de xullo con 1.011 visitas á Oficina Municipal de Turismo.

Procedencia: duplicouse o número de turistas europeos

Durante este primeiro semestre do ano achegáronse á Oficina Municipal de Turismo un total de 18.495 visitantes o que supón un incremento respecto dos 18.442 turistas do ano pasado. O 84,5% dos visitantes proceden dalgún lugar do Estado español. As persoas que visitaron, neste primeiro semestre do ano, a cidade proveñen maioritariamente de: Madrid, Castela-León, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Andalucía, País Vasco e Cantabria

Un feito salientable dos datos de turistas da primeira quincena de xullo é o aumento de visitantes procedentes doutros países da Unión Europea. O 12% dos turistas que viñeron a Lugo entre o día 1 e o 15 deste mes procedían dalgún país da UE, fronte ao 6,4% do pasado ano. Francia, Alemania e Reino Unido son os países dos que proceden a maioría dos turistas europeos que visitan a cidade de Lugo.

Con todo, e pese ao aumento de turistas extranxeiros, o número de turistas que proceden doutros lugares do Estado español segue a ser maioritario. Concretamente, o 72% dos visitantes contabilizados na Oficina Municipal de Turismo proceden dalgún lugar do Estado español. son, por este orde, as comunidades que máis turistas envían a Lugo.

Finalmente, o 8,3% dos turistas que veñen a Lugo proceden dalgunha das 4 provincias galegas.

Campañas de promoción de cara aos meses de outono-inverno

Antón Bao anunciou que o obxectivo inmediato da área de Turismo será a posta en marcha dunha campaña dirixida a atraer visitantes a Lugo nos festivos e pontes de novembro, decembro e no nadal. A campaña irá dirixida a atraer xente de Lugares proximos “temos que conseguir atraer xente deses lugares que están a 2 ou 3 horas de Lugo e que son posibles turistas que busquen unha escapada de fin de semana”. Na elaboración da campaña “buscarase reforzar o número de visitantes das comunidades que máis visitantes aportan a Lugo segundo os datos dos que dispoñemos”.

A través desta campaña tentarase buscar “un turismo desestacionalizado ofertando a riqueza do noso patrimonio cultural, patrimonio natural, patrimonio histórico, patrimonio arquitectónico, gastronomía e todos eses elementos que ofrece a nosa cidade”. Bao anunciou que a campaña se vai a facer en colaboración co sector hosteleiro para optimizar os recursos.

Dende a área de Turismo do concello estableceranse contactos con outras administracións, segundo anunciou Antón Bao, “nestes vindeiros días teremos as primeiras xuntanzas coa área de turismo da Deputación para iniciar as colaboracións agardando, tamén, a creación da empresa provincial de turismo”. Bao aproveitou para pedir, tamén, a colaboración da Xunta que, lembrou “ten as competencias en materia turística”

Os datos de turismo en Lugo



ANO 2011

ANO 2010


Xaneiro

630

894


Febreiro

1.150

1.052


Marzo

2.118

2.444


Abril

3.299

3.079


Maio

2.939

2.695


Xuño

3.621

3.752


Xullo 

4.738

4.526


TOTAL (1 xaneiro ao 31 xullo)


18.495

18.442


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova