Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Urban continúa cos trámites necesarios para a apertura de máis tramos do paseo interior da Muralla


# Venres, 05/08/2011


A Xunta de Compras celebrada hoxe no Concello de Lugo aprobou por unanimidade realizar unha valoración económica do negocio sito na Rúa Nova que está anexo a muralla. Trátase dunha tenda de froitas que o PEPRI de 1997 estableceu como fora de ordenación polo que se van a realizar as valoracións económicas dos metros das parcelas traseiras da Rúa San Froilán que lindan coa muralla. Este proxecto está incluído na iniciativa Plan Urban cofinanciado nun 70% polos fondos FEDER.

Polo de agora o Concello está recabando datos e información de cada un dos propietarios así como valoracións económicas, pero unha vez realizado este traballo tomará decisións para conseguir o obxectivo de abrir o paseo interior da muralla nesa zona.

En todo caso, o Concello debe compensar correctamente aos titulares de negocios, como é o caso da tenda de froitas, de xeito que a indemnización lles permita a continuidade da actividade nun lugar cercano, é dicir, o traslado nas mellores condicións posibles e co mínimo prexuízo. Para que estas actividades se desenvolvan con total claridade vaise solicitar a colaboración do Colexio de Economistas de Lugo para realizar esta valoración.

A apertura do paseo interior non só proporcionará máis espazos públicos para disfrute dos lucenses senón que mellorará considerablemente a imaxe das vistas desde o adarve da muralla.

Por outro lado, a xunta de compras tamén acordou por unanimidade adquirir 3 bolardos de aceiro cortén para protexer dos vehículos a futura ventana arqueolóxica da piscina romana da Praza de Santa de María. Unhas obras que rematarán en breve e nas que neste momento se están a facer as probas de iluminación e de resistencia do vidro que cubrirá o achádego.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova