Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa a Mostra de Vellos Oficios


# Sábado, 06/08/2011
A Mostra de Vellos Oficios, que traerá a Lugo ata o 11 de setembro a máis de 60 artesáns de toda Galiza, segue a despertar o interese dos lugueses e visitantes na nesta primeira fin de semana de agosto.

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A área de Cultura e Turismo busca con esta actividade encher de vida as rúas de Lugo durante os meses do verán e ofrecer un atractivo máis tanto aos lugueses como aos turistas que se achegan á cidade nesta época.

O tallista de pizarra de Navia de Suarna, André López Gómez; a cesteira de Lugo, Idoia Cuesta; e o ferreiro dos Oscos Jorge Román, amosaron hoxe o seu bo facer dentro da Mostra de Vellos Oficios que organiza a Área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo. Mañá domingo serán Mª Xesús Labrador, cesteira; e os escultores José Antonio Ábalo e Oscar Aldonza, os que farán as demostracións dentro da Mostra de Vellos Oficios. O alcalde en funcións, o nacionalista Antón Bao, visitou a mostra e amosou o seu interés polo traballo que os artesáns realizan nas súas correspondentes especialidades.

Esta iniciativa posta en marcha pola área de Cultura e Turismo, que dirixe Antón Bao, traerá á cidade de Lugo todas as fins de semana ata o 11 de setembro a 60 artesáns procedentes de toda Galiza que traballan distintas disciplinas e materiais seguindo os métodos tradicionais empregados nas súas respectivas zonas.

Os artesáns montarán os seus talleres no fondo da Praza Maior, igual que farán todos os sábados e domingos ata setembro, en horario de mañá e tarde (de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30). Todos os artesáns traballan á vista do público e ademais das demostracións ao vivo tamén venden os produtos que elaboran. Haberá tamén talleres nos que poderán participar os nenos e explicacións das distintas técnicas empregadas.

Con esta mostra a área de Cultura e Turismo pretende encher de actividade as rúas de Lugo durante todo o verán tanto para o disfrute tando dos lugueses e luguesas como dos turistas que visitan a cidade e, ao mesmo tempo, recuperar e apoiar aos artesáns que seguen empregando os métodos tradicionais de traballo para que non se perdan.

Fomentar o emprego no sector e encher de actividade as rúas de Lugo no verán

Esta iniciativa que se pón en marcha dende a área de Cultura e Turismo persegue varios obxectivos: “por un lado, dende o punto de vista cultural, serve para recuperar tradicións ancestrais do noso país e oficios que corren o risco de desaparecer e ademais serve para apoiar a labor dos artesáns e fomentar o emprego neste sector, posto que grazas a esta labor de recuperación dos vellos oficios mozos de lugares con tradición artesá como a olería en Sober ou os ferreiros en Riotorto están atopando unha saída laboral”.

O obxectivo que se manexa dende a área de Cultura e Turismo para este verán é “encher de actividade as rúas de Lugo os meses de xullo e agosto para que non se produza un baleiro cultural na cidade”. Con esta intención, poranse en marcha distintas actividades durante os vindeiros meses. Con esta programación trátase de ofrecer distintas propostas tanto aos lugueses e luguesas como aos turistas que visitan a cidade nos meses de xullo e agosto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova