Imprimir

APERTURA DAS OFERTAS ECONÓMICAS PARA A REHABILITACIÓN DO VELLO CÁRCERE


9/8/2011

Este proxecto financiado con fondos do Plan Urban contan cun orzamento total de 5,7 millóns de euros repartidos en dúas fases

Na Mesa de Contratación celebrada hoxe no Concello de Lugo abríronse os sobres de ofertas económicas para a rehabilitación do Vello Cárcere. A este concurso presentáronse 29 empresas, quedando oito excluídas por razóns de falta de acreditación de solvencia técnica. Polo tanto, abríronse 21 sobres con diferentes ofertas económicas sendo Vulconsa a que mellor puntuación recibiu xa que fai unha baixa dun 38%.

Sonia Méndez explicou que agora “é necesario que a empresa xustifique que non esté en curso en baixa temeraria e que xustifique o prezo que propón para o que se lle concederá 10 días a partir de manan. A xustificación ten que ser avaliada polos arquitectos redactores do proxecto, e se a encontran efectivamente xustificada este será o adxudicatario das obras de rehabilitación do Vello Cárcere” declarou Sonia.

A Concelleira sinalou tamén que o proxecto se executará en dúas fases. “ Na primeira fase, pertencente a parte de atrás que non está ocupada actualmente pola Policía Local e que conta cun importe de execución de 3,6 millóns de euros, e unha segunda fase para abarcar o edifico que está ocupado pola Policía Local na actualidade”.

Méndez lembrou que “o proxecto foi redactado por un equipo de arquitectos galegos, gañadores dun concurso de proxectos que se levou a cabo no seu día, Creus y Carrasco. Trata de conservar en maior medida o edificio, a súa orixinalidade, un edifico moi valioso da cidade de Lugo cunha arquitectura moi singular en canto a institucións penitenciarias”.


Este proxecto, que está cofinanciado nun 70% con fondos FEDER da Unión Europea, do Plan Urban conta cun presuposto total de 5,7 millóns de euros repartidos en dúas fases e que darán comezo antes de finais deste ano cun prazo de execución de 14 meses. A Concelleira de Economía manifestou que “a finais deste ano, licitarase tamén a segunda fase, unha vez que a Policía Local se traslade o novo edifico situado en San Fiz, obras que tamén están a punto de rematar”. A obra civil espérase que estea rematada en setembro pero despois haberá que equipalo e facer o traslado tanto da Policía Local como do servizo de Protección Civil.

Este edificio destinarase a un centro cultural, polivalente que sirva principalmente para os artistas novos de Lugo, con moitas salas de exposicións e salas de ensaio para grupos teatrais. O Concello de Lugo tamén quere favorecer a implantación de empresas culturais na nosa cidade, por iso, tamén terán un espazo para empresas novas do sector cultural ou audiovisual que se creen en Lugo e tamén para asociacións; ademais de contar cun pequeno auditorio.