Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Antón Bao pediulle a Xaime Castiñeira que "poña orde e rebaixen a liña de actuación do PP no tema do idioma"


# Martes, 09/08/2011


O alcalde accidental afirmou que "dende o concello de Lugo se están a respetar os dereitos linguísticos de tódolos cidadáns e atendendo as indicacións do Valedor do Pobo"

Bao indicou que "o obxectivo prioritario do Concello é cumplir co estatuto e a lei de normalización lingüística para garantir o futuro da lingua galega"

"o PP demostra un extremismo preocupante en contra da nosa lingua e converteuse nunha brigada de demolición do galego" afirmou Bao

O alcalde accidental, o nacionalista Antón Bao, saíu hoxe ao paso das declaracións realizadas onte por unha edil do Partido Popular nas que acusaba ao concello de Lugo de non respectar os dereitos lingüísticos dos cidadáns. O partido popular basea as
súas acusacións na reclamación dun cidadán que o pasado 12 de xuño de 2009 pediu ao concello que todas as notificacións e comunicacións se lle trasladasen en idioma castelán.

Bao informou que "o concello está a respectar os dereitos lingüísticos de tódolos cidadáns e atendendo as indicacións do Valedor do Pobo". Bao informou que tamén se están a recibir escritos de persoas que solicitan que as notificacións que se fagan dende o concello se fagan en lingua galega "o cal debe ser obxectivo prioritario como marca o noso estatuto e como marca a lei de normalización lingüísitica".

En relación ás declaración de onte, Antón Bao dirixiuse ao voceiro do grupo popular do concello de Lugo para pedirlle que "poña orde e rebaixen a liña de actuación no tema de idioma por que é moi negativa para o noso idioma". Bao lamentou que o grupo municipal do pp "esté a demostrar un extremismo preocupante en contra da nosa lingua e converteuse nunha brigada de demolición do galego". Bao manifestou, tamén, que "é unha actitude difícil de entender porparte quen se ten manifestado, en moitas ocasións, como proclive ao galego".


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova