Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre anuncia que a Xunta denega unha subvención para o Centro de Información da Muller


# Martes, 09/08/2011
A concelleira explicou que “o motivo é a falta de documentación, unha excusa que non é certa porque temos copia de todo o que se enviou ”

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, informou hoxe da denegación da subvención da Xunta de Galicia, que durante 13 anos consecutivos recibiu o Concello de Lugo para o Centro de Información ás Mulleres.

Basadre sinalou que “despois de trece anos de subvencións ao Centro de Información ás Mulleres, é a primeira vez que ó Concello de Lugo e ás mulleres de Lugo se lles vai a denegar unha subvención para poder seguir traballando con todas elas”. Ademais lembrou que “estamos traballando todos os anos con preto de 3.000 mulleres e que me parece increíble que se deixe sen a subvención correspondente saindo no DOGA que incumprimos unha serie de artigos por non presentación de requerimentos que se nos fixeron e que si están presentados”.

Carmen explicou tamén que “o requerimento parece un crucigrama, que parece feito a aposta para que desde os concellos se rexeite cumplimentar os requisitos solicitados.”
O Concello de Lugo presentou en tempo e prazo a devandita solicitude xa que o prazo remataba o día 2 de xuño e o día 1 a través do rexistro da Subdelegación do Goberno se remitiron todos os documentos solicitados. Carmen Basadre sinalou que “en algún caso se lles mandou dúas veces, a primeira vez por vía normal no momento de solicitude e cando a requeriron se lles volveu a mandar”.

A concelleira lucense declarou que “non entendemos porque ao Concello de Lugo, unha vez máis, e aos veciños se lles están recortando e eliminando apoios públicos dunha administración que ten unha obriga e unha responsabilidade coa igualdade”.

A Concelleira de Benestar Social lembrou que “vamos presentar un recurso de reposición, temos trinta días dende hoxe e chegaremos ata onde faga falta e agotaremos toda a vía administrativa que sexa necesaria para acadar unhas explicación lóxicas e xustas para o Concello de Lugo”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova