Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello insta á Xunta a invertir e ter unha maior implicación coas necesidades dos veciños de Lugo


# Mércores, 10/08/2011
Antón Bao pediulle ao goberno autonómico a súa implicación económica e de programación nas festas do San Froilan

Imaxe Asociada
Lino González Dopeso pediulle a Núñez Feijoo que invirta en Lugo parte do 1.210.000 euros que recauda só no concello polo canon de saneamento

O alcalde accidental, Antón Bao, informou esta mañá na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local que o Concello de Lugo demandará da Xunta de Galicia a celebración, en Lugo, dalgún concerto ou evento musical dentro do marco das festas do San Froilán.

Bao remitiralles sendas cartas ao Presidente da Xunta e ao Conselleiro de Cultura para demandar que se celebre en Lugo algún dos eventos musicais que Consellería de Cultura reuniu, neste ano 2011, baixo a etiqueta de Ano da Música. O responsable de cultura, Antón Bao, dixo que ”segundo o conselleiro a programación do ano da música agrupaba varios circuítos que tiñan como fin achegar eventos musicais a tódolos concellos galegos. O concello de Lugo quedou fora desta programación”.

Antón Bao explicou que as actividades programadas pola Xunta incluían un total de 1.000 actividades cun investimento de 6.000.000 de euros e Lugo quedou fora desta programación. Bao exemplificou a discriminación que Lugo sufriu neste aspecto e pormenorizou os circuitos nos que Lugo non tivo participación.

Segundo o Concelleiro de Cultura de Lugo “o programa Galicia é música tiña asignacion económica de 1.000.000 de euros. Ata agora foron programados un total de 56 concertos e o Concello de Lugo non figura dentro desta programación” Bao engadiu que “a programacion de Galicia Classics: Xuntou, nas principais cidades do país, ás figuras máis representativas da música clásica a nivel internacional, estatal e galego. Celebraronse concertos en Coruña, Santiago, Vigo, Ourense, Ferrol, Pontevedra; en Lugo non” respecto a Galicia Importa Bao dixo que “foron programados 16 concertos con grupos significativos do panorama internacional como: ALICE COOPER, PETER DOHERTY ou JOAN BAEZ, a cidade de Pontevedra contou con un concerto; a Coruña con 2; Vigo con 4; Santiago con 9; e Lugo con ningún.” e para rematar Bao referiuse tamén á programación de Espazos Sonoros “no se puxeron en marcha 46 eventos musicais en edificios e espazos singulares; Lugo quedou fora despois de que en anos anteriores se tiveran programado concertos nas dependencias do Museo Provincial”.

Noutra orde de cousas Bao anuncio tamén a aprobación, na xunta de goberno local, da contratación das obras de pavimentacion e servizos na rúa Otero Pedrayo (tramo rio eo-río sil). As obras contrataranse por un importe máximo de 215.236,99. Segundo o alcalde accidental “Esta obra contará coas aportacións económicas da Deputación de Lugo e do Goberno do Estado”. As aportacións das tres administracións materializaranse do seguinte xeito: concello: 125.222,35 €; Deputación: 30.004,88; Goberno do Estado: 60.009,76 €.

Saneamento en Galegos

Por outra parte a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe no Concello de Lugo acordou aprobar a contratación das obras para a segunda fase do saneamento de Galegos cun orzamento de 71.619 euros e un prazo de execución de tres meses.

O Concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “a primeira fase que se fixo en Galegos foi con cargo ao Plan FEIL por valor de 202.000 euros, esto é para rematar o saneamento de varias casas que quedan entre a igrexa e a Ponte da Chanca, co que se finalizarían as obras en dita parroquia.”

Lino González Dopeso tamén quixo denunciar a falta de apoio da Xunta de Galicia na zona rural de Ligo, así explicou que “no mes de xaneiro remitiuse unha carta a Conselleria de Medio Ambiente solicitando a firma dun convenio plurianual para realizar as obras de saneamento das diferentes parroquias de Lugo como se está a facer en outros sitios como Pontevedra. A resposta foi o silencio.”

O Concello de Lugo gastou máis de un millón de euros en saneamento nos últimos cinco anos para dotar deste servizo as parroquias de Galegos, Bosende, Pías, Piúgos e unha parte de Meilán e Coeses. “O Concello de Lugo fixo esforzos orzamentarios grandes para ir saneando as parroquias pero sen a colaboración da Xunta é moi complicado que o concello poida abordar todos os saneamentos do medio rural que lle pertenece.”

O concelleiro socialista denunciou a falta de compromiso do goberno de Feijoo con Lugo e a súa zona rural e destacou que “a Xunta recauda cada ano aproximadamente 1.210.00 de euros polo canon de saneamento só neste concello pero a inversión que realiza é nula.” Tamén lembrou que coa nova depuradora o ente local conta en reducir en 300.000 euros anuais o canon de vertidos, pasando dos 800.000 euros actuais a 500.000 euros.”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova