Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para solicitar as bolsas escolares para educación infantil no próximo curso


# Xoves, 11/08/2011


Hoxe ábrese o prazo para solicitar as bolsas escolares de axuda para educación infantil, no curso 2011-2012. O importe total destinado a estas axudas ascende a 21.000 euros, concedéndose un vale desconto por axuda de 80 euros.

Estas axudas teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

Pódense descargar os impresos na páxina web do Concello de Lugo, na de Participación Cidadá ou ben na propia Concellería de Educación, rematándose o prazo de solicitude o vindeiro 30 de agosto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova