Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo foi nomeado socio de honra no XX Aniversario da Federación de Entidades Galegas de Catalunya


# Mércores, 10/08/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, foi nomeado hoxe socio de honra e recibiu unha medalla do XX Aniversario da Federación de Entidades Galegas de Catalunya, nun acto no que tamén estiveron presentes o Presidente da Federación, Luis Lamas Álvarez, o Alcalde de Navia de Suarna como representante da Deputación, José Fernández, o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Xosé Luis Raposo, e o Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, nun acto celebrado na casa consistorial de San Ramón de Cervantes ó que acudiron 100 galegos residentes en Cataluña.

José López Orozco agradeceu á Federación que se acordara del neste encontro así como que “se sentía orgulloso de recibir esta mostra de cariño por parte dunha federación que engloba a unha gran representación de emigrantes lucenses”.

Dentro deste Encontro da Comunidade Galega en Cataluña, que comezou onte as 21.00 horas cunha Cea de Irmandade e que continuará ata maña á tarde, hoxe tivo lugar en San Román de Cervantes as 10 da mañá a recepción na Alcaldía, para continuar logo ás 11:30 horas cunha visita a Pionerdo e posteriormente unha Comida de Irmandade. Pola tarde continuarán as actividades nun concurso de billarda que dará comezo ás 17:30 horas e no que se repartirán tres premios.

A FEGALCAT conta con 18 centros galegos por toda Cataluña e reúne a 3.000 emigrantes galegos. Segundo sinalou o Presidente da Federación o “ 80% dos socios son das provincias de Lugo e Ourense, na súa maioría Lugo”. Cada ano, e dende hai 5 anos, a Federación organiza unha xuntanza en Galicia, a denominada “Xuntanza Trobada” co obxectivo de reencontrarse con familiares e amigos na terra natal. Este ano, na súa XX edición celebrouse, un ano despois de realizarse en Santiago de Compostela como conmemoración do Ano Santo, no municipio lucense dos Ancares para agradecer a colaboración de Lugo con esta Federación que realiza numerosas actividades para promover a cultura de Galicia en Cataluña e entre as que se atopa un San Froilán catalán.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova