Imprimir

O PROXECTO ELABORADO POLO EQUIPO DVEGA ARQUITECTOS É O ESCOLLIDO PARA O EDIFICIO DE NOVAS TECNOLOXÍAS


11/8/2011 As obras con cargo aos fondos do Plan Urban comezarán no próximo ano 2012

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou hoxe o resultado do concurso de ideas para a creación do edificio de Novas Tecnoloxías que se situará na parte traseira da casa consistorial lucense. O proxecto gañador corresponde ao presentado polo equipo de arquitectura lucense Dvega Arquitectura, “ un feito que nos enche de satisfaccion” segundo comentou Sonia Méndez.

Este concurso era a nivel de anteproxecto polo que a partir da súa confirmación terán un prazo de 2 meses para a redacción do proxecto e contarán cun orzamento de 40.000 euros para o desenvolvemento do mesmo. É un proxecto a cargo dos fondos do Plan Urban cofinanciado ao 70% cos fondos FEDER da Unión Europea.

O comité de expertos que avaliou os diferentes traballos estaba integrado por 3 arquitectos, un deles da Direccion Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia; 1 aparellador; o xefe de servizo de informática, debido ao seu caracter tecnoloxico e un representante das asociacións que traballan pola accesibilidade en Lugo, neste caso Auxilia.

Ao concurso de ideas presentáronse 10 equipos de arquitectura todos galegos dos que 7 eran de Lugo “o que demostra que na nosa cidade se está a facer boa arquitectura e que hai moi boas ideas e felicito a todos eles polo seu traballo e a súa participación” declarou Sonia Méndez.

A Concelleira lucense lembrou que “esta obra é un fito importante na historia da cidade xa que dende o século XVIII se intentou adquirir estes edificios, polo menos en dúas ocasións a última en 1862, pero por diferentes motivos a compra non foi finalizada. Pero gracias ao Plan Urban e aos fondos europeos podemos levar adiante esta actuación importante para a posta en valor do patrimoinio arquitectónico lucense.”

Sonia Méndez tamén explicou como estará dividido o edificio que se integrará completamente na casa consistorial e contará con dúas plantas e un aproveitamento da baixo-cuberta. Na planta baixa haberá unha sala de acceso rápido para que os turistas e cidadáns en xeral poidan dispoñer de equipos informaticos e wifi gratuito nos seus dispositivos mobiles. Ademais permitirá a realización de trámites administrativos co que achegaremos un pouco máis a administración electrónica aos lucenses. Na primeira planta terá duas aulas e varias salas de reunións nas que se disporá de sistemas de videoconferencia a disposición da cidadanía e, especialmente, para os autónomos e pequenos comercios que están no centro e que polas dimensións do seu local non poden ter espacio para salas de reunión reducindo desta maneira os seus gastos.