Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez recibiu no Concello a unha delegación de mozos e mozas que asistirán ás Xornadas Mundiais da Xuventude en Madrid


# Venres, 12/08/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Segunda Tenente de Alcalde e Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, recibiu a un grupo de mozos e mozas que asistirán ás Xornadas Mundiais da Xuventude en Madrid. Nesta recepción había representación dos grupos de diferentes países como Brasil, Irlanda, Estados Unidos, Venezuela ou Australia, que están pasando estes días previos á xuntanza en Lugo.

Sonia Méndez deu a benvida expresando “ a ledicia por recibir en Lugo a mozos e mozas de todas as partes do mundo que teñen a oportunidade de coñecer a nosa cidade e ver monumentos únicos como a Muralla, a Catedral ou o Río Miño.”

Durante o acto, un representante de cada país deu as grazas pola hospitalidade dos veciños e veciñas de Lugo e pola boa acollida que están recibindo ademais de explicar a súa sorpresa polas obras históricas e arquitectónicas que se atopan na nosa cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova